Deputación de Lugo

Gómez Besteiro reivindica ante o relator de Naciones Unidas que o Goberno Central aplique a Lei de Memoria Histórica

O Presidente da Deputación transmitiulle a Pablo Greiff a súa preocupación pola falta de aplicación da Lei Memoria Histórica en España e Galicia por parte dos Gobernos estatal e autonómicoGómez Besteiro solicita de Naciones Unidas que esixa responsabilidades ás administracións e asegurou que “non se trata de revisar o pasado, senón de restituír a honra das vítimas”O organismo provincial acordou nun pleno en setembro do ano pasado, cos votos en contra do PP, instar o Goberno a modificar o Código Penal para tipificar como delito a exaltación do franquismo

O Presidente da Deputación e Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, entrevistouse este mércores co relator especial de Naciones Unidas para a promoción da verdade, a xustiza, a reparación e as garantías de no repetición, Pablo de Greiff.

Gómez Besteiro transmitiulle a Pablo Greiff a súa preocupación pola falta de aplicación da Lei de Memoria Histórica do 2007 que puxo as primeiras bases para a dignificación e reparación das vítimas e foi acollida por satisfacción polo Comité de Dereitos Humanos da ONU. O Presidente salientou que “o goberno autonómico e estatal incumpriron a lei dende a chegada do goberno, retirándolle por completo o financiamento e abandonando ás vítimas e ás súas familias”.

Neste encontro, Gómez Besteiro ratificou todo o apoio do organismo provincial ás investigacións que dirixe Pablo Greiff para comprobar se as administracións están a adoptar medidas a favor da memoria histórica, o acceso á xustiza e a reparación integral das vítimas da Guerra Civil e da ditadura franquista. O Presidente solicitoulle ó relator especial de Nacións Unidas que a entidade que representa esixa ó Goberno Central responsabilidades para asumir como política de Estado a localización dos desaparecidos no franquismo e proporcione fondos para que a lei se aplique eficazmente. Se ben, o Presidente aclarou que “non se trata de revisar o pasado, senón de coñecer a verdade para restituír a honra das vítimas e das súas familias”.

O Presidente da Deputación transmitiulle a Pablo Greiff a súa preocupación pola situación en Galicia e explicoulle que coa chegada do actual presidente á Xunta no 2009, o Goberno Autonómico retirou o seu apoio a calquera iniciativa de recuperación de memoria histórica e restitución da honra das vítimas do franquismo. Ante esta situación, Gómez Besteiro asegurou que “é necesario que se tipifique como delito no Código Penal a apoloxía do franquismo e calquera manifestación lesiva contra a dignidade das vítimas, tal e como aprobou a Deputación de Lugo e como sucede noutros países nos que a exhibición de símbolos fascistas é delito. Tolerancia cero”, reclamou.

Medidas da Deputación

A Deputación de Lugo mantén colaboración con numerosas entidades e asociacións que contribúen a recuperación e restitución da honra das vítimas coa organización de exposicións fotográficas, edición de libros e conferencias, entre outros, para divulgar os resultados das súas investigacións.

A Deputación de Lugo aprobou en pleno en setembro do ano pasado instar ó Goberno a modificar o Código Penal para tipificar como delito a exaltación do franquismo. Foi unha proposta presentada por Gómez Besteiro, na que se solicitou que a lei castigue a exaltación do franquismo, as manifestacións lesivas para a dignidade dos represaliados, incluíndo a quen aprobe, negue ou minimice un feito cometido durante á ditadura. A iniciativa contou cos votos en contra dos deputados do PP.

O Executivo lugués mantén que o apoio ó xenocidio que representou o franquismo é totalmente contrario ós principios democráticos dunha sociedade como a actual, ademais de atacar principios morais básicos como a defensa da vida ou a condena á violencia.