Deputación de Lugo

Martínez: 'Villares veu a presumir que é o Alcalde da provincia que lidera o ránking de irregularidades'

Imaxe deputación de lugo
“O de hoxe foi o colmo dos cinismo, porque nin tan sequera foi o Concello quen pagou a multa. O Alcalde obrigou á empresa a facelo, a pesares de ser el o responsable, xa que esta entidade fixo os traballos que Villares lle ordenou”“É o único Alcalde lugués que se cree que está por riba da Lei, que non pide os permisos legais necesarios para actuar en vías que non son da súa titularidade e acomete os traballos que lle dá a gana, obviando as apreciacións dos técnicos e poñendo en risco ós usuarios”“Por riba é reincidente. Fixo isto mesmo ata en tres ocasións, algo que non sucede cos restantes Alcaldes da provincia, sexan da cor política que sexan. Ademais, ofrecémoslle todas as vías legais posibles para anular a sanción, pero non se acolleu a ningunha delas”

“Deberíalle caer a cara de vergoña. Villares veu á Deputación a presumir que é o Alcalde da provincia que lidera o ránking de irregularidades”. Así o destacou hoxe o Deputado de Xestión Territorial, Manuel Martínez, tras a visita do Rexedor de Cervo ó Rexistro provincial.

“É o único Alcalde lugués que se cree que está por riba da Lei, que non pide os permisos legais necesarios para actuar en vías que non son de titularidade do Concello e acomete os traballos que lle dá a gana, obviando as apreciacións dos técnicos, que son os mellores coñecedores da situación das estradas, e poñendo en risco a seguridade dos usuarios. Por riba é reincidente. Fixo isto mesmo ata en tres ocasións, algo que non sucede cos restantes Alcaldes da provincia, sexan da cor política que sexan. Ademais, ofrecémoslle todas as vías legais posibles para anular a sanción, pero non se acolleu a ningunha delas”.

“O de hoxe foi o colmo dos cinismo, porque nin tan sequera foi o Concello quen pagou a multa. O Alcalde obrigou á empresa a facelo, a pesares de ser el o responsable, xa que esta entidade fixo os traballos que Villares lle ordenou”.

“Sen dúbida, protagonizou unha verdadeira escena teatral de vitimismo”.

Cronoloxía dos feitos

O Deputado de Xestión Territorial lembrou que o expedente sancionador interposto pola institución ó Concello de Cervo resposta “á incompetencia e á falla de respeto institucional do Alcalde”. Manuel Martínez explicou que o Rexedor se puxo en contacto coa institución, solicitando o permiso necesario para situar nunha estrada de titularidade provincial varios puntos de luz co fin de levar a cabo as obras de saneamento da Senra. A Deputación concedeu esta licenza de xeito inmediato, ós poucos días de ser formulada. Non obstante, neste permiso figuraba a obriga de que cada poste debía estar afincado a unha determinada distancia da estrada, garantindo así a seguridade dos viandantes ó contar co espazo necesario no caso de producirse unha saída de carril. O Deputado salientou que “o Alcalde fixo caso omiso a este punto, situando os puntos de luz de xeito irresponsable e poñendo en perigo ós veciños”.

Facilidades e responsabilidades

Ante esta situación, os técnicos provinciais trasladáronse ata en 3 ocasións ó municipio, alertando deste perigo ó Concello e manifestando a súa obriga de trasladalos a outro lugar. Ademais, tamén se puxeron en contacto coa contratista. Logo de varios meses sen resposta, a Deputación abriu un expedente sancionador, dando conta delo ó Rexedor. Posteriormente, abriu ata en 2 ocasións un período de alegacións, co fin de que a entidade local rectificase e se anulase este proceso. “Démoslle todas as facilidades para poñer fin a esta situación. Quen é o que busca?, enfrontamento entre institucións ou sufre persecución política?”, sentenciou.

O Deputado subliñou ademais, que “o Alcalde minte. Non é certo que a sanción se deba a un suceso alleo a el. Primeiro, porque foi o Concello quen pediu este permiso e quen sabía da condición indispensable. Ademais, a empresa adxudicataria das obras de saneamento da Senra, tal e como nos comunicou, situou os postes onde o Alcalde lle dixo como máximo responsable destas actuacións”.