Deputación de Lugo

Gómez Besteiro recibiu ós alumnos do Máster en Asesoramento de Imaxe e Consultoría Política da Universidade Camilo José Cela

Este Máster foi recoñecido o pasado 8 de marzo en Washington ó Mellor Programa de Educación Superior de Márketing Político nos prestixiosos Victory AwardsO Máster incluíu á Deputación de Lugo nas súas visitas programadas antes de partir cara México, onde serán recibidos polo ex-presidente Vicente Fox, un dos docentes do Máster

O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, recibiu este xoves a un grupo de alumnos e profesores do Máster en Asesoramiento de Imagen y Consultoría Política (MAICOP), impartido pola Universidade Camilo José Cela.

O Máster, que ofrece formación integral e especializada para dar resposta ás demandas actuais da actividade política, conta con alumnado procedente de toda Europa e América Latina, e entre os seus docentes destacan polo seu alto nivel profesional –xefes de Gabinetes de Goberno ou Deputados e Senadores-. O programa inclúe estancias académicas en Bruxelas, Lisboa, México, Miami, Washington, Boston e Bos Aires. O grupo recibido hoxe por Gómez Besteiro estaba formado por investigadores, periodistas, politólogos, publicistas, sociólogos e avogados procedentes de países como Venezuela, México, Colombia, Paraguay, Costa Rica e España. O Máster vén de recibir en Washington, o pasado 8 de marzo, o premio Victory Awards ó Mellor Programa de Educación Superior en Márketing Político.

A Universidade Camilo José Cela incluíu á Deputación de Lugo nas súas visitas programadas para coñecer de primeira man o funcionamento desta adminsitración. Os alumnos xa foron recibidos anteriormente polo Presidente de Colombia, Juan Manuel Santos, e proximamente partirán cara México, onde serán recibidos polo ex-presidente Vicente Fox, un dos membros do claustro docente.