Deputación de Lugo

Estar en las nubes pecha con éxito as súas portas

A mostra multidisclinar que reuniu unha trintena de traballos de once destacados artistas españois recibiu preto de 800 visitas, atraendo a atención do público con obras realizadas baixo diferentes técnicas coas nubes como motivo de inspiración

A exposición Estar en las nubes despediuse este domingo da Capela de Santa María logo de conseguir atraer a atención de preto de centos de lucenses e visitantes. Dende a súa inauguración, o pasado 6 de marzo, esta mostra conseguiu atraer a atención de preto de 800 persoas, que se achegaron a admirar as creacións de 11 dos máis destacados artistas do panorama nacional que nesta ocasión, buscaron nas nubes o seu motivo de inspiración.

A mostra, comisariada por Fátima Otero, reuniu unha trintena de obras realizadas baixo diferentes técnicas nunha mostra única, posto que todas eran creacións de artistas que teñen empregado as nubes como tema de inspiración recurrente, e non feitas por encargo para esta exposición.

Así, os visitantes puideron admirar as fotografías de Sheila Pazos, nas que o ser humano domina a natureza; as nubes con formas animais de Din Matamoro; as nubes aterradoras de Ana Soler; as cheas de forza de Alina Granados; as nubes fantasmagóricas de Xurxo Gómez-Chao; as nubes cotiás de Jesús Otero-Yglesias; as dixitais do vallisoletano Eugenio Ampudia, Mellor Artista en ARCO 2008; as famosas rain tables da catalana Andere Monjo; as nubes futuristas do cántabro Ciuco Gutiérrez; as mecánicas de Moreno Carretero, ou a combinación de pintura e fotografía do zaragozano Carlos Maño.