Deputación de Lugo

A Deputación aclara que cumpriu escrupulosamente coa Lei Electoral

Imaxe deputación de lugo

Tras as afirmacións do Alcalde de Guitiriz, José María Teixido, a Deputación aclara que cumpriu escrupulosamente coa Lei Electoral.

O organismo provincial non organizou ningún tipo de inauguración na parroquia guitiricense de Pígara. Foi un encontro con veciños que acadaron unha subvención do Plan de Comunidades Veciñais de 2013 para a dotación dun parque biosaudable e infantil. Teixido debería saber como Alcalde que esta instalación leva meses en servizo, polo que dificilmente se puido inaugurar este pasado luns.

Son os veciños os que encargados de contratar e executar as obras do Plan de Comunidades Veciñais. É a eles a quen se lles deben recoñecer os logros acadados coas actuacións que levan ós seus Concellos con financiamento da Deputación.