Unhas 300 persoas participarán nas actividades do 4º Surf Camp da Deputación, que arranca mañá en Viveiro
![Imaxe deputación de lugo](/sites/deputacionlugo.org/files/default_images/depulugo001.jpg)
- Ademais da práctica do surf, o programa inclúe outras actividades libres e gratuítas para toda a familia, como paseos en skate eléctrico, segway ou longskate, exhibicións e música
- As prazas desta 4º edición están cubertas para o sábado. Queda soamente un 10% libre para a sesión do domingo. Os interesados poden anotarse chamando ó 633-859-227
- Logo do éxito de edicións anteriores, o organismo provincial aposta de novo por esta iniciativa de ocio O 4º Surf-Camp organizado pola Deputación de Lugo arranca mañá venres pola tarde no paseo marítimo de Viveiro. Unhas 300 persoas participarán durante toda a fin de semana nas múltiples actividades incluídas no encontro, que terán lugar en diversos puntos da comarca da Mariña. Logo do éxito de edicións anteriores, o organismo provincial reedita o Surf-Camp co fin de consolidar o ocio medioambiental como oportunidade económica da Costa lucense e do resto da provincia. As prazas desta 4º edición están cubertas para o sábado. Queda soamente un 10% libre para a sesión do domingo. Os interesados poden anotarse chamando ó número de teléfono 633-859-227. Este ano, duplícase a formación gratuíta da man de profesionais do surf en España, ofrecendo por vez primeira distintos niveis segundo o grao de coñecemento, e increméntase o número de prazas, tamén a custe cero, para todas as actividades incluídas no programa. Os mellores surfers de Europa Haberá tamén representantes de federacións e asociacións de surf, así como medios especializados neste deporte, atraídos polo número de surfistas do máis alto nivel que se concentrarán na Mariña. Se ben Galicia acolle campionatos de nivel, esta é a única ocasión na que calquera pode surfear da man de profesionais destacados e recibir as súas ensinanzas, polo que se trata dun evento único na comunidade galega. Propostas para toda a familia
O Surf-Camp reunirá unha vez máis á elite de toda Europa desta modalidade deportiva, o que converterá á Mariña na capital do surf durante a última fin de semana de xuño. Algúns dos mellores surfistas europeos teñen confirmado a día de hoxe a súa participación nas xornadas, durante as que ensinarán, de xeito totalmente gratuíto, a todo aquel que o queira as súas técnicas e coñecementos. Entre eles atopamos a deportistas como:
As xornadas do Km0 Surf-Camp inclúen actividades libres e gratuítas pensadas para toda a familia, como paseos en skate eléctrico, segway, longskate, exhibicións e música. A programación é a seguinte: