A Deputación súmase á concentración en repulsa do acto violento acontecido en Chantada
![Imaxe deputación de lugo](/sites/deputacionlugo.org/files/default_images/depulugo001.jpg)
O Goberno Provincial condena este brutal acontecemento e amosa o seu total rexeitamento a calquera tipo de violencia, sempre inxustificada e sen sentido
A Deputación sumouse á concentración convocada polo Concello de Chantada en repulsa do acto violento acontecido a pasada noite nesta localidade, do que resultou ferida grave unha veciña de 32 anos de idade.
Pilar García Porto, Deputada de Economía, Recadación e Facenda, participou na concentración diante da Casa da Cultura chantadina. Fíxoo en representación do Goberno Provincial, que condena este brutal acontecemento e amosa o seu total rexeitamento a calquera tipo de violencia, sempre inxustificada e sen sentido.
O organismo provincial traslada o seu apoio ós familiares e amigos da veciña de Chantada que permanece ingresada en estado moi grave.