Deputación de Lugo

A Deputación contribúe a que miles de persoas se reúnan mañá en Meira e Pol nas festas da Malla e do Emigrante

- O organismo provincial financia a primeira festa da malla que xurdiu en Galicia e a cita que rememora ós emigrados nos 80
- A institución luguesa leva a Meira o Barco Muralla para sumar novos apoios á candidatura da Ribeira Sacra e promocionar os produtos autóctonos e a riqueza natural da provincia
- Faino logo de recibir a visita de 8.000 persoas en Monforte, Foz, Burela, Guitiriz e O Incio. A aula turístico medioambiental abordará en 70 localidades luguesas nesta tempada

A Deputación contribúe a que miles de persoas se reúnan maña en Meira e Pol con motivo da celebración das festas da Malla e do Emigrante, que financia o organismo provincial.  

A de Meira, é a primeira festa da malla que xurdíu en Galicia, xa hai 23 anos, dando paso a outras convocatorias na Comunidade e acadando a declaración de Festa de Interese Turístico Nacional no 2006. A Asociación Amigos da Malla de Meira, coa colaboración do organismo provincial, organiza esta cita, capaz de reunir a miles de persoas.

Aproveitando a afluencia de visitantes, a institución luguesa leva á localidade meirega, concretamente, á praza do convento, o Barco Muralla. Faino logo de que a aula turístico meidoambiental recibise a visita de 8.000 persoas durante a súa estancia nas patronais de Monforte de Lemos, no San Lourenzo de Foz, na Festa do Bonito e PRODUART de Burela, así como en Guitiriz e no Incio. Son as primeiras paradas do Barco Muralla, que ó longo desta tempada abordará en 70 localidades luguesas co fin de recabar máis apoios á candidatura da Ribeira Sacra a Patrominio da Humanidade, promocionar os produtos autóctonos e a riqueza natural da provincia.

En Meira, o Barco Muralla contará co libro oficial da UNESCO para recoller as sinaturas das persoas que desexen dar o seu apoio á candidatura da Ribeira Sacra; con degustacións de produtos autóctonos e con material informativo sobre as 3 Reservas da Biosfera, a Costa lucenses, a Montaña...

Progamación
Para a realización da Festa da Malla de Meira, sementáronse uns 3.000 metros cadrados de trigo. Varios veciños encargaranse da súa malla durante todo o día. Comezarán traballando a man e irán incluíndo ferramentas ata a chegada da malladora. É dicir, as recreacións deste tipo de labor labrego tradicional evolucionarán na medida en que evolucionaron os apeiros. O centro desta vila chairega acollerá exposicións de maquinaria antiga e de artesanía, onde se reunirán máis de 40 artesáns, a maioría da provincia luguesa. Haberá unha degustación gratuíta de buñuelos e viño, a partir das 12:30 horas do mediodía, así como un xantar típico, con prezos populares. O broche de ouro porao unha queimada. A xornada estará amenizada pola banda de gaitas e o grupo de pandereteiras de Meira, a banda de música da escola municipal, o grupo Muralla e o grupos Os Valuros.

Festa do Emigrante de Pol
Unhas 3.000 persoas se darán cita en Pol con motivo da XXXI edición da Festa do Emigrante. O Concello, coa colaboracion do organismo provincial, que achega 3.000 euros, organiza esta cita, que rememora ós lucenses que abandonaron a provincia durante os anos 80. A xornada arrancará ás 13:00 horas, cos actos relixiosos e a lectura do pregón a cargo de Patricia Otero, veciña da vila licenciada en Belas Artes e experta en deseño gráfico e comunicación. Ó remate, descubrirase unha placa conmemorativa e comezará a sesión vermú, amenizada polo grupo Trío Alba. Ás 15:00 horas, terá lugar o xantar popular na carballeira de Mosteiro, preparada para acoller a máis de 2.000 persoas. Pola tarde, continúa a festa co Trío Alba e será a partires das 23:00 horas cando as orquestras Israel e Los Player’s se encargarán de animar a cita, que se prolongará ata a madrugada.