Deputación de Lugo

O Presidente recibiu en San Marcos ó Xefe Superior  da Policía de Galicia

Gómez Besteiro reuniuse con Fráguas logo do seu nomeamento como máximo representante da Policía na Comunidade o pasado mes de xuño

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, recibiu este martes no Pazo Provincial de San Marcos a Eusebio Fráguas, nomeado recentemente Xefe Superior de Policía de Galicia. Gómez Besteiro reuniuse con Eusebio Fráguas, quen foi Comisario en Madrid dende o ano 2008 e que, dende o pasado xuño, ostenta o cargo de máximo mandatario da Policía en Galicia.

Ademais de acercarse ata a Deputación, o novo Xefe Superior de Policía de Galicia, nomeado polo actual Ministro de Interior, Jorge Fernández Díaz; aproveitou a súa primeira viaxe institucional a Lugo para manter un encontro co Alcalde da cidade, José López Orozco. Eusebio Fráguas tamén visitou a Subdelegación do Goberno en Lugo e a Fiscalía.