Deputación de Lugo

Vilalba convírtese en capital do lecer ecolóxico coas actividades gratuítas do <em>Lugoteando</em> da Deputación

- Os participantes tiveron a oportunidade de practicar paddle-surf; camiñar sobre a auga en bolas acuáticas ou probar o skate eléctrico e longskate - As actividades continuarán os días 6 e 7 de setembro na área recreativa dos Robles (coas 200 prazas cubertas) e na Praza do Concello da Fonsagrada o domingo - O prazo de solicitude para as 100 prazas que a institución ofrece a custe cero no municipio fonsagradino está aberto en www.deputacionlugo.gal e no 982 260 147 das

O complexo vilalbés da Magdalena converteuse hoxe en capital do lecer ecolóxico da provincia, coa celebración das actividades lúdico-deportivas gratuítas do programa Lugoteando da Deputación. O organismo lugués, que aposta polo ocio medioambiental como oportunidade económica da provincia, ofreceu 100 prazas para persoas de tódalas idades neste espazo fluvial da Terra Chá. Así, entre as 15:00 e as 20:00 horas, os participantes puideron practicar as seguintes actividades respetuosas co medioambiente:

  • acuáticas: paddle-surf, que tonifica todos os músculos, xa que para desprazarse pola auga, o navegante, erguido nunha táboa de surf, debe remar; e bolas acuáticas, pelotas de plástico transparentes coas que camiñar sobre a auga.
  • terrestres: simulador de surf, que permite experimentar dun xeito dinámico a sensación de surf e que serve para aprender os primeiros pasos do equilibrio nunha táboa grazas a unha corrente de auga; patinetes, inchables, skates ou monopatíns a motor ou longskate, variante do skate, pero máis longo do habitual que se emprega normalmente para descender costas, derrapar ou simplemente como medio de transporte.

200 prazas gratis para os Robles cubertas
Despois da exitosa xornada de hoxe, e tras a participación de preto de 500 persoas nas edicións celebradas no Valadouro, O Incio, A Pobra do Brollón, Burela e Guitiriz; a Deputación levará esta fin de semana as actividades de Lugoteado á área recrativa de Los Robles, na capital lucense. En total, 200 persoas de todas as idades poderán gozar tanto de actividades acuáticas coma das terrestres durante os dous días. As prazas para participar no Lugoteando na capital luguesa xa están cubertas. O río Miño acollerá unha ampla oferta de actividades lúdicas. Bolas acuáticas para camiñar sobre a auga, patinetes acuáticas ou paddle-surf, que tonifica todos os músculos ó remar a bordo de táboas sobre a auga, ou simulador de surf son algunhas das actividades, que como en todos os casos están pensadas para todas as idades, e que terán lugar de 15:00 a 20:00 horas neste paisaxe natural emblemático da cidade de Lugo.

Ultimas prazas para A Fonsagrada
A Fonsagrada tamén recibirá as acividades do Lugoteando este domingo, 7 de setembro, poñendo fin á quinta edición desta iniciativa. A Deputación ofrece outras 100 prazas a custe cero para practicar skateboarding ou paraexperimentar a sensación de equilibrio enriba dunha onda co simulador de surf, entre outras actividades. Xa está aberta, a inscrición para “lugotear” na Praza do Concello fonsagradino en www.deputacionlugo.gal e no 982-260-147. Só no caso de quedaren prazas libres, os interesados poderán inscribirse antes de comezar as actividades, no propio lugar onde se celebren. De calquera xeito, terán prioridade as persoas anotadas previamente. Os menores de idade terán que presentar previamente unha autorización dos pais ou titores.