Deputación de Lugo

Éxito da segunda convocatoria do Lugoteando na praia fluvial de Parga

​A Deputación levou de novo este sábado as actividades gratuítas do Lugoteando á praia fluvial de Parga, en Guitiriz. Fíxoo logo do éxito da primeira convocatoria, que se repetiu na xornada de hoxe. Ducias de persoas fixeron paddle surf, pasearon en canoa, subiron ás bolas acuáticas e disfrutaron cos inchables e patinetes.
O vindeiro sábado, 20 de setembro, o organismo provincial levará as actividades do Lugoteando á área recreativa Sete Muíños. Hai 100 prazas gratutítas. As inscricións realizaranse "in situ"