COMUNICADO DA DEPUTACIÓN DE LUGO:
![Imaxe deputación de lugo](/sites/deputacionlugo.org/files/default_images/depulugo001.jpg)
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
O pasado venres, día 21 de novembro, personáronse nas dependencias da Deputación de Lugo a Maxistrada Xuíz do Xulgado de Instrución nº 1 de Lugo, asistida polo Secretario Xudicial de dito Xulgado e coa asistencia, así mesmo, de axentes da Policía Nacional, co obxecto de realizar a práctica da dilixencia de entrada e rexistro a fin de determinar a posible existencia de presuntos delitos, no marco das dilixencias previas nº 2097/13.
Segundo se dispón nese auto de data 21 de novembro de 2014, as actuacións están declaradas baixo segredo sumarial. Por parte desta Presidencia, na liña de transparencia que ten presidido todas as súas actuacións e debido á trascendencia e importancia de ditos acontecementos,
SOLICITO:
A comparecencia voluntaria no Pleno do vindeiro martes día 25 de novembro, co obxecto de dar conta á Corporación das circunstancias en que se produciu dita intervención e as actuacións realizadas, todo isto co debido respecto ao segredo sumarial citado, e ao procedemento establecido no Regulamento Orgánico desta Corporación.