Deputación de Lugo

A Deputación pechará ao tráfico por obras un treito da estrada 2703 en Láncara a partir do 3 de decembro

Imaxe deputación de lugo
- A corte da vía, da Pobra de San Xiao a Carracedo, afectará ao treito comprendido entre os puntos quilométricos 2,335 e 6,05 para proceder ao acondicionamento do firme
- A estrada estará aberta á circulación entre as 19:00 e as 8:00 horas, e os días 6, 7 e 8 de decembro. Os traballos prolongaranse, previsiblemente, unha semana

A Deputación pechará temporalmente ao tráfico un treito da vía provincial LU-P-2703, que discorre entre A Pobra de San Xiao e Carracedo, no Concello de Láncara, para levar a cabo labores de acondicionamento desta vía provincial.
Os cortes produciranse entre os puntos quilométricos 2,335 e 6,05, para poder levar a cabo traballos de mellora do firme con aglomerado. De calquera xeito, a estrada permanecerá aberta á circulación de vehículos entre as 19:00 e as 8:00 horas, así como sábado, domingo e a festividade do luns, isto é, os días 6, 7 e 8 de decembro.
Os traballos prolongaranse, previsiblemente, unha semana.