Deputación de Lugo

MEDIO AMBIENTE ORGANIZA ESTE SÁBADO UN OBRADOIRO SOBRE PRAGAS E ENFERMIDADES MÁIS COMÚNS NA HORTA

Imaxe deputación de lugo
Enmárcase no programa de actividades que desenvolve esta área da Deputación co obxecto de fomentar a educación ambiental• Impartirase por ADEGA, este sábado 12 de setembro, no Centro de Interpretación Terras do Miño

A área de Medio Ambiente da Deputación de Lugo programou para este sábado, 12 de setembro, un obradoiro sobre o control das pragas e enfermidades máis comúns na horta.
En concreto, a través desta actividade farase fincapé na importancia de aprender a recoñecer a praga e o dano que causa para poder controlala. Así, neste obradoiro impartido por ADEGA explicaranse as pragas máis comúns e darase información sobre o que son os insecticidas e funxicidas ecolóxicos e como e cando se poden utilizar.
O obradoiro impartirase no Centro de Interpretación de Terras do Miño, en horario de 10:00 a 14:00 horas. O curso é gratuíto, cun aforo limitado, polo que é preciso reservar praza no teléfono 982 227 812 ou no correo electrónico und.medioambiente@deputacionlugo.org.
Este obradoiro, financiado pola Deputación, enmarcase dentro da programación da área de Medio Ambiente, a través da que buscan contribuír á educación ambiental.