Deputación de Lugo

Campos Conde recibe a nova executiva de Asociación de Jovenes Empresarios (AJE) en Lugo

O Presidente da Deputación, Dario Campos Conde recibiu esta mañá, en San Marcos, ao novo Presidente da Asociación de Jóvenes Empresarios de Lugo (AJE), Mauricio Repetto, xunto cos membros da súa nova executiva. Campos Conde trasladoulles o apoio do Goberno da Deputación para contribuír ao traballo que desenvolve o conxunto do tecido asociativo da Provincia.