Deputación de Lugo

A Deputación organiza o primeiro Festival da Biosfera do 14 ao 29 de marzo na cidade de Lugo

- O organismo provincial organiza este evento, de carácter científico, social e artístico, para conmemorar os Días Mundiais dos Bosques e da Auga, así como o Día Mundial da Poesía - Sonsoles López Izquierdo destacou que “iniciativas como esta axudan a concienciar á cidadanía sobre a importancia de preservar e difundir os enormes recursos da biosfera” - Máis información sobre as actividades e inscricións na web www.deputacionlugo.gal ou no teléfono 609 242 112. O prazo xa está aberto

A Deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, Sonsoles López Izquierdo, acompañada do director de Ouvirmos, José Manuel Aldea Moscoso, presentou hoxe, no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, a programación de actividades que o organismo provincial realizará no primeiro Festival da Biodiversidade, que terá lugar en Lugo entre os días 14 e 29 de marzo. O evento ofrecerá unha serie de actividades gratuítas e para todos os públicos, entre as que haberá conferencias de expertos, visitas guiadas, actividades infantís, proxeccións audiovisuais e actividades sociais.

O prazo de inscrición está aberto, no número de teléfono 609 242 112 ou na páxina www.deputacionlugo.gal,onde está dispoñible toda a información sobre horarios, datas e lugares entre outros.

Dentro da programación do festival destacan os días 21 e 22 de marzo, cando se conmemorará o Día Mundial da Poesía coa celebración do recital poético CEARTE Lugo; o Día Internacional dos Bosques, cun obradoiro de poesía ambiental e o Día Mundial da Auga, no que se realizará unha visita ás dependencias municipais onde se xestiona este ben.

                                                         Programación
O Festival da Biosfera está composto por un total de 24 actividades. Así, as conferencias programadas son as seguintes:

  • Proxecto Ríos, que terá lugar o 25 de marzo no Centro de Interpretación Terras do Miño, ás 19:00 horas.
  • Tipos de bosques na Reserva da Biosfera Terras do Miño, que se celebrará o 24 de marzo no Centro de Interpretación Terras do Miño, ás 19:30 horas.
  • Soutos de Castiñeiros, o 17 de marzo, ás 19:30 horas no Centro de Interpretación Terras do Miño.
  • Fundador de bosques, o 26 de marzo, ás 19:30 horas, no Salón de Actos da Deputación de Lugo.

Tamén haberá conversas temáticas:

  • Reservas da Biosfera e desenvolvemento sostible, o sábado 14 de marzo, ás 12:00 horas no Mercado Municipal de Lugo.
  • As mulleres, os bosques e o desenvolvemento sostible, o 21 de marzo, coincidindo coa conmemoración do Día Mundial dos Bosques, ás 12:00 horas, no Mercado Municipal de Lugo.
  • Auga e desenvolvemento sostible, o 28 de marzo, ás 12:00 horas no Mercado Municipal de Lugo.

Actividades infantís:

  • A barca dos contos, haberá tres edicións, os días 14, 20 e 28 de marzo na Praza Maior de Lugo; na Praza das Augas Férreas e na Praza da Milagrosa, respectivamente, todas elas ás 12:00 horas.
  • Obradoiro de poesía ambiental, o 21 de marzo, ás 12:00 horas, no Centro de Interpretación Terras do Miño.

Visitas guiadas:

  • O ciclo da auga na cidade, os días 15 e 22 de marzo, con saída ás 11:30 horas dende a Praza de Ferrol.
  • Os bosques de ribeira. O río Mera, o 29 de marzo, ás 10:00 horas, con saída nun punto das ribeiras de dito río que se confirmará en datas vindeiras na web www.deputacionlugo.gal.

Proxeccións audiovisuais:

  • Os mares doces de Galicia, o 23 de marzo, no Salón de Actos da Deputación de Lugo, ás 19:30 horas.
  • Asolagados, o 25 de marzo, ás 20:30 horas, no Salón de Actos da Deputación de Lugo.

“Experiencias inspiradoras”:

  • Ríos con vida. Pesca sen morte, o 16 de marzo ás 19:30 horas, na Galería Sargadelos.
  • Embarcacións tradicionais do Miño, o 18 de marzo na Galería Sargadelos, ás 19:30 horas.

Presentación de libros:

  • A aventura de vivir. O carballo, de Carlos Silvar, o día 19 de marzo, ás 19:30 horas no Centro de Interpretación Terras do Miño.
  • Guía das libélulas de Galicia, de Miguel A. Fernández Martínez,o 21 de marzo ás 19:00 horas no Centro de Interpretación Terras do Miño
  • O Miño. Un caudal de historia, de Anselmo López Carreira, o 27 de marzo ás 19:30 horas no Salón de Actos da Deputación.

Exposicións:

  • Peixes, pescadores e pesqueiras, do 14 ao 29 de marzo de 7:00 a 20:00 horas, no Mercado Municipal de Lugo
  • O Miño, río e xentes 1900-1930, do 14 ao 29 de marzo, de 9:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas, no escaparate da Farmacia da Cruz.

Poesía:

  • Cearte Lugo, recital poético; o 21 de marzo, ás 21:00 horas, no Restaurante La Oca.

 
Actividades cos colexios
Os días 21 e 22 de marzo, con motivo da conmemoración do Día Mundial da Auga e o Día Internacional dos Bosques, 103 centros da provincia participarán nun obradoiro de contos e na plantación de árbores. Os alumnos de primaria elaborarán contos sobre árbores, e os de infantil sobre o ciclo da auga. O 19 de marzo, as nenas e nenos plantarán un acivro no patio dos centros, que regarán por primeira vez entre todos.

Inscricións
O prazo de inscrición para as actividade do Festival da Biosfera xa está aberto no telefono 609-242-112 e na páxina www.deputacionlugo.gal onde se atopa máis información sobre datas, horarios e lugar de celebración entre outros. É preciso inscribirse previamente na visita guiada O ciclo da auga na cidade; os Bosques da Ribeira. O río Mera, para o Recital Poético e para o Obradoiro de poesía ambiental, pois contan cun número limitado de prazas.