Deputación de Lugo

CANDIA INICIA COAS CONFRARIAS A ROLDA DE CONTACTOS QUE MANTERÁ CO SECTOR PESQUEIRO PARA ESTUDAR NOVAS LIÑAS DE COLABORACIÓN

Imaxe deputación de lugo
A presidenta de Deputación de Lugo mantivo esta tarde en San Cibrao unhareunión de traballo con representantes das confrarías de pescadores da Mariña, paracoñecer de primeira man as súas necesidades e demandas xa que “queremosmellorar o peso das liñas de apoio desta administración co sector”•  Esta reunión enmárcase dentro da folla de ruta programada polo novo goberno en apoio ao sector pesqueiro e na que se integran tamén outra serie de xuntanzas con entidades relacionadas co mar•  Candia resalta a gran importancia deste sector e pon de relevo o compromiso do novo goberno co mar e coas actividades vinculadas, e “cuxa primeira mostra de colaboración xa se exemplificou coa creación dunha delegación de Pesca”

Mércores, 15 de xullo de 2015.- A presidenta da Deputación de Lugo, Elena Candia, mantivo esta tarde unhareunión de traballo con representantes das confrarías de pescadores da Mariña.“Con esta reunión iniciamos a rolda de contactos que queremos manter co sectorpesqueiro para coñecer de primeira man as súas necesidades e ir asentando asbases para sacar adiante, dentro das nosas posibilidades, novas liñas decolaboración”.

Na reunión detraballo celebrada no Museo do Mar de San Cibrao, participaron representantes dospósitos de Ribadeo, Foz, Burela, San Cibrao, Celeiro e Vicedo; ademais de estarpresentes o presidente e o secretario da Federación Provincial de Confrarías dePescadores, José Basilio Otero; e Sergio López, respectivamente. Tamén estivopresente o deputado provincial responsable da área delegada de Pesca, José DemetrioSalgueiro; así como o secretario do Parlamento e voceiro de Mar, José ManuelBalseiro.

A presidenta provincialfixo fincapé na necesidade de mellorar o compromiso da administración lucensecun sector de gran importancia na provincia cuxa facturación, por exemplo, naslonxas da Mariña se incrementou ata nun 11% o primeiro semestre deste ano e quecomercializou, neste mesmo período, máis de 20,5 toneladas de peixe e mariscofresco por un importe de 54,8 millóns de euros. “É moi destacable o peso destesector e son moitas as familias que viven directa ou indirectamente do mundo domar na provincia de Lugo”, matizou a popular.

“Dende aoposición defendemos iniciativas a través das que solicitabamos melloras nacolaboración e nas relacións cos traballadores deste sector e agora, dende ogoberno, queremos sacar adiante este compromiso de maior implicación cos profesionaisdo mar, tendo en conta, a maiores, que nesta comarca cóntase con dous dosprincipais portos pesqueiros do cantábrico, ademais de pervivir agrupacións demarisqueo, así como innumerables firmas de transformación e comercialización”,asegurou Candia.

Folla de ruta

A reuniónmantida hoxe entre a presidenta provincial e os representantes das confrarías,é a primeira das previstas dentro da folla de ruta deseñada polo novo gobernoprovincial para traballar conxuntamente con este sector e dentro da que seprevén outra serie de xuntanzas con entidades vinculadas co mar. Entre outras,a Deputación de Lugo programa reunirse con ABSA (Armadores de Burela), coaOrganización de Produtores Pesqueiros (OPP-Lugo) e co Porto de Celeiro.

Polo tanto,este é o segundo paso dado dentro nas medidas tomadas dende a Deputación deLugo cos profesionais do mar. É necesario lembrar que Elena Candia xa creouunha área delegada de Pesca, cuxo responsable é o deputado José DemetrioSalgueiro.