Deputación de Lugo

A DEPUTACIÓN DE LUGO MATERIALIZA OS COMPROMISOS DE BENESTAR QUE BENEFICIAN A MÁIS DE 3.000 LUCENSES

Imaxe deputación de lugo
A presidenta da Deputación de Lugo, Elena Candia, deu conta hoxe dos asuntos tratados na primeira Xunta de Goberno e deixou claro que se está ante o “mellor exemplo de que a administración está a funcionar coa maior normalidade”Aprobouse o incremento de crédito de 500.000 euros para darlle cumprimento ao Servizo de Axuda no Fogar, e buscan resolver as solicitudes presentadas na maior brevidade posibleEncargouse a addenda aos convenios de teleasistencia que prevén asinar a vindeira semana cos concellos para cubrir o 100% do servizo

Venres, 17 de xullo de 2015.- A presidenta da Deputación de Lugo, Elena Candia, deu conta hoxe dos asuntos tratados na primeira Xunta de Goberno, dos que destacou a materialización dos compromisos asumidos en materia de benestar, e que benefician a máis de 3.000 lucenses.

En concreto, na Xunta de Goberno de hoxe aprobouse o incremento de crédito por un importe de 500.000 euros, para o procedemento de concorrencia competitiva dirixido a financiar o Servizo de Axuda no Fogar, de tal xeito que a partida prevista para 2015 pasa dos 700.000 euros contemplados co bipartito ata os 1,2 millóns de euros.

Isto suporá unha duplicación do financiamento do Servizo de Axuda no Fogar con respecto ao que destinaba o goberno anterior a comezos do último mandato, explicou a presidenta da Deputación, quen engadiu que buscan “resolver na maior brevidade posible as solicitudes presentadas e para iso, este paso era previo e, polo tanto, necesario”.

A Xunta de Goberno de hoxe tamén fixo o encargo de elaboración da addenda dos convenios de teleasistencia, para poder asinalos na próxima semana cos concellos e deste xeito e dende a Deputación de Lugo financiar integramente o custe do servizo de teleasistencia domiciliaria, que se presta nos fogares da provincia. Ata agora as administracións locais asumían o 50% do servizo.

A Xunta de Goberno de hoxe tamén adxudicou a obra de acondicionamento da C.P. LU-P-2204 “De Momán á das Pontes a Porto Souto”, dentro do Plan de Obras e Servizos; así como a prórroga de diferentes convenios que estaban en execución.