A Deputación apoia as reivindicacións dos lucenses para dotar de novos servizos ao Antigo Hospital Xeral
![](/sites/deputacionlugo.org/files/Imagenes/0_12355_1.jpg)
A Vicepresidenta Segunda en funcións, Lara Méndez, xunto aos Deputados en funcións de Economía, Recadación e Facenda, Pilar García Porto; e de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Álvaro Santos Ramos; así como de ducias de veciños da provincia, participaron este xoves no acto reivindicativo organizado polos veciños do Barrio da Residencia, no que escenificaron o enterro das promesas de Feijoo e co que se insta á Xunta de Galicia a dotar ao antigo Hospital Xeral de novos servizos sanitarios.
Lara Méndez valorou que levamos máis de 4 anos escoitando promesas da Xunta de Galicia e Núñez Feijoo, todas elas incumpridas. Os populares só se dedican a engar aos lucenses, tratándoos, como de costume, como cidadáns de segunda. Neste liña, a Vicepresidenta en funcións afirmou que os populares prometeron un centro de saúde propio para o Barrio da Residencia que non teñen os máis de 2.500 veciños da zona; situar un Punto de Antención Continuada (PAC); levar o Laboratorio de Referencia, que finalmente afincaron na rúa Montevideo, alegando que era máis barato; e ata prometeron desdobrar o centro da Milagrosa, un centro saturado con máis de 7.000 tarxetas sanitarias, para pasar a metade destes usuarios ao Xeral. Mentiron, non fixeron nada.
A Vicepresidenta Segunda en funcións destacou que a Deputación está sempre ao lado dos lucenses, apoiando as súas reivindicacións e necesidades, non como fan outras administracións; que os abandonan por completo. Así, Méndez lembrou que o pasado mes de marzo o Pleno Provincial aprobou, coa abstención do Partido Popular, unha moción na que lle esiximos á Xunta a posta en uso do edificio afirmou.
A ausencia de servizos básicos obriga a que os veciños da zona, moitos de idade avanzada, teñan que desprazarse a outros centros de saúde para poder ser atendidos. Isto é algo que a Núñez Feijóo, e a todos os seus compañeiros de partido nunca lle importou, sentenciou Méndez.
No acto participaron representantes políticos e da administración, que recibiron unha copia das demandas dos veciños da zona. O Partido Popular decidiu, como vén sendo habitual, ausentarse e non participar neste acto reivindicantivo, amosando así, unha vez máis, a clara discriminación cos veciños da provincia.
Mobilizacións veciñais
Son xa moitas as mobilizacións dos veciños do Barrio da Residencia, que supoñen o 15 % da poboación total deste municipio, así como de todos os veciños da capital e doutros Concellos da provincia que están a ser marxinados polo goberno de Núñez Feijóo. De feito, a asociación de veciños organizará durante todos os xoves do mes de xuño, concentracións diante do Hospital para continúar reivindicando a dotación de servizos de calidade neste emblemático edificio.