Deputación de Lugo

O monfortino Dani de la Torre, director de El desconocido, inaugura o xoves o novo curso da Escola de Imaxe e Son

Imaxe deputación de lugo
- De la Torre manterá
un encontro cos alumnos no que se proxectará un vídeo de como se fixo a
longametraxe coa que debutou con grande éxito nos festivais de Venecia e San
Sebastián.-O máximo
responsable da Fundación TIC, Darío Campos, presidirá o acto ás 12:00 horas na Deputación que estará aberto ao
público -O director lucense súmase á lista de profesionais de
prestixio que pasaron pola TIC como Gracia Querejeta, Imanol Uribe, José Luis
Cuerda, Luis Tosar ou Julio Fernández

O monfortino Dani de laTorre, que vén de debutar con grande éxito de público e crítica como directorde longametraxes con El Desconocido,participará o xoves, xunto ao Presidente da Fundación TIC e da Deputación,Darío Campos, na inauguración oficial do curso 2015-2016 da Escola de Imaxe eSon, o únicocentro da provincia que imparte ensinanzas superiores da rama audiovisual. A inauguraciónterá lugar ás 12:00 horas no Salón de Actos do Pazo de San Marcos e estaráaberta a todo o público interesado.

De la Torre impartirá unhacharla destinada especialmente ao alumnado dos ciclos de Redacción e Produciónda EIS, durante a que se proxectará un vídeo de como se fixo El Desconocido, un thriller psicolóxico trepidante etecnicamente moi complicado. A película, que acadou un importante éxito nosfestivais de Venecia e San Sebastián, ten unha grande presenza galega, xa quefoi rodada na Coruña, co lucense Luis Tosar como protagonista e Vaca Films naprodución.

Talentolucense

Dani de la Torre é un director, realizador e guionista nacido en Monfortede Lemos en 1975. Logo de estudar Imaxe e Son, empezou como guionista e montador,aínda que a súa experiencia profesional se centra no ámbito da realización enprogramas da Televisión de Galicia, labor que compaxina coa dirección decurtametraxes, publicidade e videoclips.Ademais dirixiu publicidade para a Radio Galega, a Cidade da Cultura e aSantiago Film Commision.

Entre os seus traballosdestacan as curtas X nada, Bos días, Lobos e Minas e aminiserie Mar Libre, galardoada enfestivais tan prestixiosos coma os Houston ou Chicago. Entre outros recoñecementostamén hai que subliñar que quedou finalista coa reportaxe Gaiteiras da TVG aos premios CNN World Repor de Atlanta e nosPremios Goya á mellor curtametraxe por Xnada.

Profesionaisde prestixio na TIC

Dani de la Torre súmase a unha longa lista de profesionais de prestixio,referentes no mundo audiovisual a nivel nacional e internacional, que expuxerona súa experiencia ós alumnos da TIC, como os directores Gracia Querejeta,Imanol Uribe, José Luis Cuerda, Ángel de la Cruz, Jorge Coira, Carlos Sedes eAlejandro Marzoa; os produtores José María Besteiro, Julio Fernández e PedroRevaldería; os actores Luis Tosar e Antonio Mourelos; o compositor e produtormusical Arturo Vaquero ou o técnico de son e produtor artístico, SegundoGrandío.