Deputación de Lugo

Recuperada a normalidade en preto do 100% das estradas provinciais

Imaxe deputación de lugo
- Arestora, só se atopan cortadas a LU-P-1305 en Folgoso do Courel, a LU-P-1410 en Cervantes e a 0405 en Baleira
- Cortado ao tráfico a LU-P-1611 de A Veiga a Friol por un afundimento no firme. Xa está habilitado un desvío alternativo por As Lamas

A Deputación de Lugo intensificou nesta xornada os traballos de acondicionamento para recuperar a normalidade en preto do 100% das estradas de titularidade provincial. Arestora, as estradas que se atopan cortadas por acumulacións de neve son:

  • LU-P-1305, de Campa por Vilar ao Alto do Boi, en Folgoso do Courel.
  • LU-P-1410, de San Martín de Ribeira por Couso, en Cervantes.
  • LU-P-0405, de Fonteo á Lastra, en Baleira

O dispositivo invernal da Deputación, composto por máis de 70 operarios e 60 máquinas, reforzou os traballos de acondicionamento debido ás intensas xeadas, producidas polo descenso de temperatura que chegou, nas zonas altas da Montaña, a estar por debaixo do -7ºC. Os Concellos máis afectados foron Cervantes, A Fonsagrada, Negueira de Muñiz, Folgoso do Courel, O Incio, Samos e Triacastela.

Polo demais, pódese transitar con normalidade pola rede viaria provincial, a máis extensa de España.

Ademais, a Deputación cotou ao tráfico parte do cinturón comarcal debido a un pequeno afundimento do firme. Concretamente, o tramo que se atopa pechado da LU-P-1611 é o que comunica A Veiga con Friol, no punto quilométrico 31+700. Arestora, xa hai un desvío alternativo, completamente sinalizado, por unha pista municipal de As Lamas, en Friol.