Deputación de Lugo

Máis de 20 actividades programadas para esta semana co Mercado de Nadal da Deputación

- Continúa a programación de actividades totalmente gratuítas e para todas as idades que ofrece o organismo provincial na Praza de San Marcos para estas datas de Nadal
- Demostracións artesanais, obradoiros de decoración, espectáculos de maxia ou actuacións de corais da provincia son só algunhas das actividades desta semana

Continúa a programación de actividades gratuítas e para todos os públicos que o Goberno da Deputación puxo en marcha a través do Mercado de Nadal, unha iniciativa que promove a artesanía e dinamiza o comercio lucense. Esta semana conta con 24 actividades, entre as que destacan demostracións artesanais, obradoiros de decoración, espectáculos de maxia ou actuacións de corais da provincia. Ademais, ata o 5 de xaneiro, está aberto o mercado de artesanía, que este ano conta con 11 profesionais do sector que amosan os seus traballos e produtos.

O horario do Mercado de artesanía da Deputación é de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas. O 24 de decembro o horario de tarde será de 16:00 a 18:30 horas.

Programación actividades para esta semana
Luns 26 de decembro
- De 12:00 a 14:00 horas. Demostración en vivo de Lucecús (Complementos de moda) no Mercado de Artesanía da Deputación.
- De 17:30 a 19:30 horas. Actuación de maxia O Baúl do Mago
- Ás 18:30 horas. Coro San Antonio actuará na Parroquia de Saamasas.
- Ás 19:30 horas. Cantar Delas actuará na Parroquia de San Pedro.

Martes 27 de decembro
- De 12:00 a 14:00 horas. Demostración en vivo de Mis Marinillas (Complementos de moda) no Mercado de Artesanía da Deputación.
- De 17:30 a 19:30 horas. Actuación de maxia O Baúl do Mago
- Ás 18:00 horas. Asociación Galega de Artes Escénicas Fingoi actuará na Praza de San Marcos, na Rúa do Progreso e na Rúa da Raíña.
- Ás 20:15 horas. Conxunto Vocal LUGH actuará na Parroquia de San Antonio actuará o

Mércores 28 de decembro
- De 12:00 a 14:00 horas. Demostración deM&N Joyas (Xoiería) no Mercado de Nadal da Deputación.
- De 17:30 a 19:30 horas. Actuación de maxia O Baúl do Mago
- Ás 18:30 horas. Asociación Galega de Artes Escénicas Fingoi actuará na Parroquia de San Lázaro.
- Ás 19:00 horas. Coral Ecos do Miño actuará na Parroquia de San Francisco Xavier.
- Ás 20:00 horas. Orfeón Lucense actuará na Rúa da Raíña, Praza Maior e Praza do Campo.

Xoves 29 de decembro
-De 12:00 a 14:00 horas. Demostración en vivo de Regal Cerámica Artesán (Cerámica) no Mercado de Artesanía da Deputación.
- De 16:00 a 21:00 horas. Xogamos cos sentidos
Actividade de integración e sensibilización sensorial dos máis cativos, na que xogarán utilizando e pescudando con diferentes sentidos. Para elo, deberán superar probas utilizando obxectos cos que agudizar a vista, o olfacto ou inclusive servirse do tacto para pescudar un obxecto determinado.
- De 17:30 a 19:30 horas. Actuación de maxia O Baúl do Mago
- Ás 19:00 horas. Coral do Hospital Xeral Calde actuará na Parroquia de San Francisco Xavier
- Ás 19:30 horas. Novo Amanecer actuará na Parroquia de Albeiros
- Ás 20:00 horas. Orfeón Lucense actuará na Parroquia da Milagrosa

Venres 30 de decembro
- De 16:00 a 21:00 horas- Adornos de neve 2: tarros de cristal
Utilizando tarros de cristal fundamentalmente e outros materiais específicos de manualidades, os participantes crearán unha fermosa estrutura decorativa con motivos de Nadal. Utilizaranse pequenos obxectos que se pegarán na tapa e decorarase o tarro ao gusto de cada quen.
- De 17:30 a 19:30 horas. Actuación de maxia O Baúl do Mago
-Ás 20:30 horas. Schola Gregoriana Lucensis actuará na Parroquia de Santiago A Nova

Sábado 31 de decembro
- De 12:00 a 13:00 horas e de 17:30 a 18:30 horas. Actuación de maxia O Baúl do Mago
- Ás 12:00 horas. Novo Amanecer actuará na Praza de San Marcos, Praza de Santo Domingo e Rúa da Raíña