Deputación de Lugo

A IV Bandeira A Mariña, coa que colabora a Deputación, decidirá aos gañadores da Liga Galega de Traiñeiras

- O organismo provincial fai unha achega de 18.000 eurospara financiar as probas do campionato autonómico que terán lugar o día 27 en Burelae o 28 en Ribadeo- Pablo Rivera destacou a importancia da cita debido aque se trata da “Liga Galega de Traiñeiras máis disputada da historia e destaproba sairán os gañadores”- Oevento reunirá durante a fin de semana a un total de 21 embarcacións, 500 remeirose máis de 1.000 espectadores na Mariña Lucense

O Deputado de Deportes,Pablo Rivera Capón, e o Alcalde de Burela, Alfredo Llano, acompañados derepresentantes da Liga de Traiñeiras; presentaron este xoves no salón de plenosdeste concello mariñán a IV Bandeira AMariña, última proba puntuable do campionato galego de traiñeiras. Oorganismo provincial colabora na organización deste evento, que atraerá a pretodun millar de persoas á Mariña durante a última fin de semana de agosto, cunhaachega económica de 18.000 euros.

Rivera Capón sinalou que“esta cuarta edición da Bandeira A Mariñaserá sen dúbida a máis importante dos últimos anos xa que, a diferenza doutrasedicións, a puntuación dos participantes que van á cabeza é moi similar. Istofará que o gañador da Liga Galega de Traiñeiras máis disputada da historia sedecida o sábado 27 en Burela coa final da Liga A”.

O Deputado de Deportessinalou ademais que “non só está en xogo o premio de campión senón que tamén sevai a disputar durante esta fin de semana o playoff de ascenso e descenso, decidíndose que embarcacións baixan á Liga B e calessoben á máxima categoría. Todo isto fará que a Mariña reúna durante a fin desemana do 27 e 28 de agosto a un total de 21 traiñeiras, 500 remeiros e máis de1.000 espectadores”.

A IV Bandeira AMariña disputarase, polo tanto, nunha dobre xornada con dúas regatas enformato contrareloxo. Mentres que en Burela as traiñeiras sairán dunha en unha,en Ribadeo farano de dúas en dúas, tal e como explicaron os responsables daLGT. Por outra parte, o domingo en Ribadeo competirán tamén as embarcaciónsfemininas, sendo esta unha das cinco probas que se disputan en total ao longodo ano.