Deputación de Lugo

O Goberno aproba a cesión a Fudace de terreos da Deputación para a 1ª unidade de patoloxía dual de Galicia

- Son80.000 metros cadrados, cun valor catastral de 500.000 euros, durante unperíodo de 50 anos. Neste espazo, Fudace construirá a 1ª unidade de patoloxíadual que existen en Galicia, así como a 2ª en España, pois só hai unha enPalencia-Santos Ramos remarcou que “este acordo enmárcase na nosa política de dar usopúblico e social ao patrimonio provincial, que é de todo os cidadáns. Así ofixemos coa cesión gratuíta do San José a ASPNAIS ou coa da gardería do Campusa Raiolas”- Fudaceconstruirá un novo edificio para un mínimo de 15 persoas e un máximo de 45, noque atender a persoas con dano cerebral e trastornos severos de comportamento.Concorrerá a axudas da UE (Leader 2016-2020) e requirirá do apoio de máisinstitucións

O Executivo da Deputación aprobou este venres en Xuntade Goberno a cesión gratuíta á Fundación de Dano Cerebral (FUDACE) de terreosprovincial de 80.000 metros cadrados, que teñen un valor catastral de 500.000euros, durante un período de 50 anos. Neste espazo, Fudace construirá aprimeira unidade de patoloxía dual que existen en Galicia, así como a segundaen España, pois só hai unha en Palencia.

O voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, explicou queeste acordo “enmárcase na nosa política de dar uso público e social aopatrimonio provincial, que é de todo os cidadáns. Así o fixemos tamén coacesión gratuíta do San José a ASPNAIS ou coa da gardería do Campus a Raiolas,onde estes colectivos sociais tamén van a ampliar os seus servizos para persoascon capacidade diferentes, que necesitan dunha atención especializada”.

Dúas fincas

Santos Ramos explicou que estes terreos atópanse a caróndas instalacións do San Rafael e da Granxa Gayoso Castro. Son 2 fincas. Unha de10.274 metros cadrados, onde na actualidade Fudace ten o seu centro referenciaen Castro de Rei, no que atende a unhas 60 persoas con dano cerebral e nas quetraballan 46 profesionais para a súa atención.

Na segunda finca, de 71.791 metros cadrados, Fudaceconstruirá un novo edificio con dita unidade de patoloxía dual. Terá capacidadepara un mínimo de 15 persoas e un máximo de 45. Nestas instalacións prestaraseservizo a persoas con dano cerebral e trastornos severos de comportamento, querequiren dunha atención moi especializada.

Apoio das administracións

Fudace concorrerá a axudas da Unión Europea,concretamente ao Leader 2016-2020, en busca de financiamento para as obrasdeste novo centro co que acadaría ampliar os seus servizos. Trátase dunobxectivo no que este colectivo leva anos traballando co apoio do Goberno daDeputación de Lugo, e que require de máis apoio institucional.

Cómpre lembrar que Fudace pediu ao organismoprovincial ás instalacións do San Rafael para incrementar neste inmobleprovincial o seu catálogo de servizos, pois ten lista de espera de usuarios. Ainstitución luguesa puxo a súa disposición este patrimonio provincial. A Xuntade Galicia e o Goberno Central frustraron este proxecto, negando a Fudace a súacolaboración económica.