Deputación de Lugo

Deputación e Concellos de Lugo, Viveiro e Monforte “pedalean xuntos pola provincia” coa Volta 2016

- OPresidente, os Alcaldes, o Director da Volta e o responsable da FederaciónGalega de Ciclismo, xunto a representantes de asociacións e clubs deste deportena provincia, presentaron as dúas etapas que discorren pola provincia os días24 e 25 de agosto-Son as etapas 5 dende a localidade de Viveiro á capital lucense e 6 dende acidade de Monforte a Luintra. Transcorren por 21 Concellos: 9 da Mariña; 6 do Centroe 6 do Sur-Campos Conde: “O paso da Volta é unha oportunidade económica única, poispromove internacionalmente os nosos recursos naturais, patrimoniais, históricosou gastronómicos, contribuíndo ao impulso do tecido produtivo da provincia”- Son370 millóns de posibles espectadores da Volta é un mínimo de 3.000 persoas,entre corredores, membros dos equipos e organizadores, os que pernoctarándurante dúas noites en establecementos da provincia de Lugo

O Presidente da Deputación,Darío Campos Conde; a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López; o Alcalde deMonforte de Lemos, José Tomé Roca; a Tenente Alcalde de Viveiro, Isabel RodríguezLópez; o Director Xeral da Volta 2016, Javier Guillén, e o Presidente daFederación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz Nieto, presentaron estemércores as dúas etapas de dita proba ciclista que discorren pola provincia lucense.Trátanse das etapas 5, que terá lugar o mércores 24 de agosto dende Viveiro eata a cidade de Lugo; e a 6, que será o xoves 25 de agosto dende Monforte deLemos e ata Luintra.

No acto tamén participaron ociclista profesional Roberto Laiseka, gañador de varias etapas da Volta e doTour, así como representantes de asociacións e clubs de ciclismo da provincia,que realizaron xunto a Campos Conde e Lara Méndez, ademais dos responsables dosdepartamentos de Deportes en Deputación e Concello de Lugo, Pablo Rivera Capóne Miguel Fernández Méndez, respectivamente, un pequeno e simbólico recorrido enbicicleta dende a Praza Maior e ata San Marcos.

O titular provincialdestacou que “xuntos pedaleamos pola provincia”, pois Deputación, Concellos deLugo, Monforte de Lemos e Viveiro contribúen ao paso da Volta 2016 polaprovincia con preto de 250.000 euros, coa previsión dun grande retornoeconómico para o conxunto da provincia. Hai que ter en conta que, segundo datosoficias, uns 1.400 xornalistas de todo o mundo cobren esta proba ciclista, quese retransmite nuns 190 países de cinco continentes, acadando un promedio poretapa de 20.000 espectadores. Só nos lugares de chegada, como nesta ocasión é ocaso do Concello de

Lugo, é capaz de concentrara unhas 4.000 persoas e deixar beneficios de ta 1 millón de euros.

21 Concellos

“Co noso apoio ao paso daVolta por Lugo non só estamos a apoiar ao ciclismo, un deporte merecedor dungrande recoñecemento tan só polo esforzo e paixón que demostran ter os seusprofesionais e aficcionados. A Volta vai moito máis alá da súa indubidablerepercusión deportiva, reunindo a elite internacional do ciclismo. Os datos oficiaisfalan por si mesmos: o paso da Volta pola provincia de Lugo é unha oportunidadeeconómica, que non podíamos deixar escapar. Por iso, Deputación e Concellos deLugo, Viveiro e Monforte de Lemos, que son enclaves de referencia da Volta2016, non dubidamos en sumar esforzos cos organizadores desta proba ciclista. Xuntospromocionamos, moito máis aló das nosas fronteiras, os recursos naturais,patrimoniais, históricos, artísticos ou gastronómicos, dun total de 21Concellos polos que atravesa a Volta: 9 da Mariña; 6 da zona Centro e outros 6do Sur”, remarcou o Presidente da Deputación.

Pulo ao conxunto do tecidoprodutivo da provincia

“Xuntos poñemos en valor abeleza natural da nosa Costa; das nosas praias; da Ribeira Sacra; ou dasReservas da Biosfera de Terras do Miño e de Eo-Oscos-Terras de Burón, recoñecidas pola UNESCO. Os milleiros depersoas que acudirán a nosa provincia coa Volta poderán desfrutar dos nososprodutos do mar, do río e da terra, únicos pola súa calidade, como o bonito deBurela, a merluza de Viveiro, os percebes de Rinlo, as troitas da Pontenova, acarne das nosas gandeirías ou o viño coa nosa Denominación de Orixe da RibeiraSacra”.

Campos Conde engadiu que “taménpoderán descubrir enclaves únicos como, por exemplo, o Souto da Retorta, enViveiro; o Cabo de Morás, en Xove; o Paseo dos Namorados, o Museo do Mar ou aFábrica de Sargadelos, en Cervo; o Paseo da Marosa, as Redeiras, o Mirador doCastelo ou a Lonxa, en Burela; a Gruta do Morto, a Frouxeira ou a Ruta do RíoOuro, en Foz; as Fragas do Hermo, en Barreiros; a Illa Pancha, as cetáreas deRinlo ou a xoia das Catedrais, en Ribadeo; a ría de Abres ou o Marco de PenaVerde, en Trabada; Os Fornos ou a Vía Verde do Eo, na Pontenova; os ferreirosde Ferreiravella, en Riotorto; Fonmiña, na Pastoriza; O Pedregal de Irima, enMeira; a emblemática carballeira da festa do Emigrante, en Pol; a lagoa deCaque ou os Castro de Viladonga, en Castro de Rei; a Muralla ou os paseos dosríos Rato e Miño, en Lugo; o paseo do Cabe, o Pazo de Tor ou os Miradores doSil, en Monforte de Lemos; a Pena

dos Catro Cabaleiros ou aPonte Romana de Barxa de Lor, na Pobra do Brollón; o Camiño de Inverno ouMontefurado, en Quiroga; o embalse de Santo Estevo, en Ribas de Sil; o Buratodo Mouro, en Bóveda; os Canóns do Sil, as viñas de Amandi ou os Miradores deChouzá, en Sober...”

“En definitiva, un sen finde recursos, que fan de Lugo unha provincia única, con moito que descubrir. Apromoción de todos eles contribúe ao impulso do conxunto do tecido produtivo danosa provincia. Polo tanto, estou convencido que, co noso apoio conxunto aopaso da Volta por Lugo, estamos a pedalear polo futuro da nosa provincia”,apuntou.

370 millóns de espectadores

Pola súa parte, a Alcaldesade Lugo explicou que “son 370 millóns de persoas potenciais que poden ver onoso patrimonio, que poden gozar e observar a riqueza que posuímos na nosaprovincia, xa que son máis de 190 países os que retransmitirán a chegada a Lugoen directo, o que supón un auténtico luxo para a nosa cidade. Ademais, dende aorganización cifran en, como mínimo, un millón de euros o retorno económicopara Lugo”.

Isabel Rodríguez López quixoagradecer aos organizadores de ‘LaVuelta’ e á Deputación de Lugo “que volveran a apostar por Viveiro paraacoller por segunda vez unha etapa da volta ciclista, pois somos conscientes daimportancia que ten este evento para o noso Concello, sobre todo de cara apromover o turismo e incentivar a economía da zona”.

José Tomé Roca uniuse aosagradecementos e sinalou que “Monforte vai a ter o pracer de acoller a saída dasexta etapa o día 25 de agosto, e farao nun lugar emblemático como é aexplanada da Compañía, diante do ‘Escorial galego’. Para nós é unha oportunidadede proxectar o noso Concello, pero sobre todo a comarca da Ribeira Sacra,dinamizando a súa cultura e o seu paisaxe”.

3.000 persoas pernoitando enLugo

Finalmente, o Director Xeralda Volta 2016, Javier Guillén sinalou que “hoxe empeza a Volta a España coaconcentración dos 22 equipos que participan. Entre corredores e membros dosequipos serán máis de 500 persoas que, sumadas ás máis de 2.500 que leva aorganización, farán un total de 3.000 persoas que durante dúas noites pernoitaránna provincia de Lugo. Entre eses corredores virán os mellores do mundo,

como o vixente campión doTour de Francia, Chris Froome; Nairo Quintana; Alberto Contador ou AlejandroValverde, entre outros”.

Etapas 5 e 6 pola provincia

A etapa 5 da Volta 2016 terá lugar o 24 de agosto.Saíra de Viveiro e transcorrerá por Xove, Cervo, Burela, Foz, Barreiros,Ribadeo, Trabada, A Pontenova, Riotorto, Meira, A Pastoriza, Pol, Castro de Reie Lugo. A eta 6 será o 25 de agosto. Partirá dende Monforte de Lemos ediscorrerá pola Pobra do Brollón, Quiroga, Ribas de Sil, Bóveda e Sober.