Deputación de Lugo

A Deputación sortea 30 pases para a Volta Ciclista a Lugo

Imaxe deputación de lugo
- Osinteresados en participar no sorteo, que terá lugar o luns no Pazo de SanMarcos, deberán cubrir o formulario que se atopa en www.deputacionlugo.gal. - Podeninscribirse no sorteo calquera persoa empadroada nalgún dos 67 concellos daprovincia, maior de 18 anos-Santos Ramos subliñou que “queremos que os veciños da provincia poidandesfrutar deste fito histórico; democratizando e facilitando a participación dacidadanía en actos e eventos de carácter institucional”

A Deputación de Lugo sorteará 30 pases de zona reservadapara ver a Volta Ciclista a España 2016 ao seu paso pola provincia de Lugo. Asío comunicou o voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, que explicou que a Xuntade Goberno aprobou as bases que rexerán este sorteo, que terá lugar a vindeirasemana. Trátanse de 15 entradas para Viveiro e outras tantas para Monforte deLemos.

O prazo para formalizar as solicitudes comeza hoxevenres ás 16:00 horas e rematará na noite do domingo. Os interesados enparticipar deberán cubrir o formulario que se atopa en www.deputacionlugo.gal.

Santos Ramos subliñou que “queremos que os veciños eveciñas da provincia de Lugo poidan desfrutar deste fito histórico; democratizandoe facilitando a participación da cidadanía en actos e eventos de carácterinstitucional”.

Sorteo

O luns, o persoal da comisión técnica validará assolicitudes e asignarán un número a cada un dos inscritos. O primeiro sorteo,no que se rifarán as entradas de Viveiro, terá lugar ás 12:00 horas, e osegundo, coas de Monforte de Lemos, ás 12:30. Os sorteos serán públicos e teránlugar no Salón Verde do Pazo de San Marcos. Ademais, seleccionaranse a outrosinscritos que pasarán a lista de reserva. Logo do sorteo, técnicos provinciaisporanse en contacto cos beneficiarios, para facerlles chegar a súa entrada.

Requisitos

Poden inscribirse no sorteo calquera persoa empadroadaen calquera dos 67 concellos da provincia, maior de 18 anos. Cada inscrito, sóterá a posibilidade de optar a un pase, salvo que o beneficiario queira iracompañado dun menor. Se é así, a Deputación de Lugo ofreceralle un segundopase. Os interesados poderanse inscribir en calquera dos dous sorteos máis sópoderán obter unha entrada.