Deputación de Lugo

Aprobadas as bases para a selección dos artesáns para participar no Arte San Froilán 2016

- Seráa partir de setembro cando os artesán poderán descargar da web www.deputacionlugo.gal a documentación que deberánpresentar para formalizar a súa participación  - Dentrodestas bases inclúense criterios obxectivos de selección, como calidade e acoherencia no uso das técnicas; deseño verde; valor simbólico ou innovación deprocesos e técnicas- Seránun total de 25 os participantes que poderán participar neste feira, que chegaxa a súa XX edición, e que congregou o ano pasado a máis de 40.000 persoas-Adxudicados os traballos para dotar á nova sede da UNED de aparcadoiro e zonasaxardinadas, dotadas con 215.000 euros, cun prazo de execución de 2 meses- AXunta de Goberno aprobou varios convenios con Palas de Rei, Carballedo e AsNogais, para a mellora de infraestruturas municipais por valor de case 500.000euros.

A Xunta de Goberno aprobou as bases para a selección dosartesáns para participar no Arte SanFroilán 2016, a feira de artesanía que o organismo provincial pon enmarcha, a través do Centro de Artesanía e Deseño. Así o comunicou a voceira doGoberno, Pilar García, que subliñou que organismo provincial achega 18.200euros para financiar esta iniciativa.

García Porto informou que “será a principios de setembrocando se colgue na páxina web www.deputacionlugo.gal,toda a documentación que os interesados deberán achegar para formalizar ainscrición. A partires deste día, terán un prazo de 7 días naturais paraachegar dita documentación”. Con este iniciativa, a Deputación promove oproduto artesán lucense aproveitando a considerable afluencia de visitantes ácapital durante os días de celebración do San Froilán, festa de IntereseTurístico Nacional.

A voceira subliñou que unha comisión técnica formada portraballadores provinciais será a encargada de seleccionar aos 25 participantesda mostra, baseándose en criterios obxectivos como a calidade e a coherencia nouso das técnicas, tecnoloxías, cor materiais; o deseño verde, utilización dematerias primas autóctonas; valor simbólico: que permita unha fácilinterpretación e ligazón co territorio, ou innovación tanto nos procesos, comonos materiais. Ademais, a Comisión tamén terá en conta a diversidade narepresentación, seleccionando a un maior número de familias de produto edisciplinas; ou tamén a orixe dos artesáns. 

Obras na sede da UNED

A Xunta de Goberno adxudicou os traballos para dotar ánova sede da UNED de aparcadoiro e zonas axardinadas, dotadas con 215.000euros, que se inclúen na partida de 2 millóns de euros das obras de execuciónda que vai a ser a sede de referencia da Universidade a distancia no noroestede España. Son as derradeiras actuaciónsno antigo Hotel Miño, que teñen un prazo de execución de dous meses.

Colaboración cos Concellos

A Xunta de Goberno aprobou tamén varios convenios conconcellos lucenses para a mellora de infraestruturas municipais e deportivaspor valor de case 500.000 euros. Son concretamente, 230.000 euros para Palas deRei, cos que se mellorará o campo de fútbol municipal; case 100.000 euros paraCarballedo, para colaborar na construción do campo de fútbol de herbaartificial, e 120.000 euros para As Nogais, destinados ao remate da escolataller do concello e da pista de tenis.

Máis emprego

A Xunta de Goberno resolveu a contratación de dousdesempregados lucenses que comezarán a traballar noutras tantas empresas eentidades da provincia a través do Ben Empregado. Trátanse concretamente, duncamareiro para meira e dun posto de traballo técnico para técnicas de estudo ereforzo educativo para Sarria.