Deputación de Lugo

Pilar García Porto presenta no Museo Provincial a programación no Día Internacional da Migración

A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, presentou este venres no Museo Provincial de Lugo a programación do Día Internacional da Migración, que ten lugar o 18 de decembro. Despois da presentación houbo un parladoiro para falar dos diferentes proxectos que se están a facer na Rede Museística Provincial de Lugo, no que participaron o Director do Centro de Educación Permanente de Asultos do C.P. Monterroso, Pedro Cantero, o Tradutor do C.P. Monterroso, Experto en culturas mediterráneas e orientais, Alí Lhana Díaz, a Presidenta da Asociación Rioplatenses de Lugo, Ana Mª Bereciartúa, o Director de programas do C.Penitenciario de Monterroso, Víctor Fraga Gayoso, e a Xerente da Rede Museística, Encarna Lago.

Para rematar inaugurouse a mostra arredor do conto La mancha de humedad de Juana de Ibarbourou, e as exposicións Museos posibles 25.2; Desenvolvemento para todxs e Mulleres en Turquía, realizadas polo Centro Penitenciario de Monterroso,
​e ​que estarán expostas ata o 18 de decembro no Museo Provincial de Lugo.