Deputación de Lugo

​Éxito de participación na IV Travesía do Miño coa que colabora a Deputación

- O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, asistiu á cita deportiva que congregou ata 8 deportistas olímpicos, entre os que destacan Ivan Raña e Bea Gómez - Rivera Capón lembrou que “a Deputación achega 10.000 euros anuais ao Club de Natación PortaMiñá, para colaborara nunha das citas deportivas máis importantes da nosa provincia”

O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, acudiu este sábado a IV Edición da Travesía a Nado Cidade de Lugo organizada polo Club de Natación PortaMiñá na área recreativa de Os Robles. O evento, consolidado no panorama galego, volveu ser un éxito de convocatoria, reunindo a preto de 200 nadadores. A proba contou coa presenza de varios deportistas olímpicos, entre os que se atoparon os galegos Ivan Raña e Bea Gómez, así como outras destacadas figuras do panorama nacional e internacional como Chente Hernández, Rodrigo González, Crisanto Grajales, Irving Pérez, Claudia Rivas ou Paola Díaz.

Rivera Capón destacou que “a Travesía do Miño é unha das probas deportivas máis importantes que temos na nosa provincia, e mostra diso é o éxito de convocatoria e participación. De feito, nesta edición contamos coa presenza de ata 8 deportistas olímpicos”. O Deputado lembrou que o organismo provincial colabora co club organizador cunha achega de 10.000€ anuais co obxectivo de apoiar á natación na provincia e promocionar Lugo entre os nadadores e afeccionados asistentes.

Percorridos
A Travesía a Nado Cidade de Lugo conta con tres percorridos:
- Popular (200 metros): aberta a todos os públicos, non competitiva.
- Travesía (1.500 metros): proba competitiva.
- Minius (5.000 metros): proba competitiva e puntuable para o Circuíto Galego de Augas Abertas.

Máis información sobre a cita deportiva na páxina do Club Natación PortaMiñá http://www.cnportamina.com/.