Deputación de Lugo

A xustiza “respalda” a labor do Goberno Provincial co sobreseimento provisional da causa de Portomarín

Imaxe deputación de lugo

O Vicepresidente da Deputación de Lugo, Antonio Veiga Outeiro, e voceiro provincial socialista, Álvaro Santos Ramos, valoraron hoxe “moi positivamente” o sobreseimento provisional da causa de Portomarín.

Antonio Veiga sinalou que o arquivo desta causa "é unha boa nova, xa que non se advirta nada punible nesas actuacións”. Álvaro Santos dixo “demostrouse que non había nada escuro, nada irregular detrás de esas actuacións que denunciara o PP, que hoxe preside Elena Candia, e iso é o mais importante. O Goberno da Deputación unha vez máis, recibiu o respaldo da xustiza nas súas actuacións, e agora é o PP quen recibe un tortazo, un aviso, de que así non se fai política e de que tampouco se ralentiza a xustiza desta maneira. Alegrámonos por todas as persoas que estaban sendo investigadas neste caso”.

Sobre a situación do Deputado non adscrito, o socialista indicou que “sempre mantivemos a inocencia de Manuel Martínez e seguímola mantendo. Non muda en absolutamente nada, as diferencias que hai con Manolo MartÍnez non ten nada que ver coa situación de imputado ou desimputado, ten que ver coa súa situación de alianza co PP para dificultar a acción do goberno”.

O Vicepresidente relatou que a postura do BNG neste asunto “non é persoal, baixo ningún concepto”, e advertiu que esta situación “non modifica para nada o actual goberno da Deputación”. Veiga remarcou que o arquivo desta causa “non vai ter ningunha influencia neste goberno, que a día de hoxe xa está conformado, funcionando e traballando para defender os intereses dos 67 Concellos de toda a provincia”.

“O BNG sempre mantivo a mesma postura e foi coherente con ela, tanto dentro do Goberno, como na oposición”, resumiu Veiga.