Deputación de Lugo

A Deputación organiza o luns en San Marcos actividades tecnolóxicas polo Día Internacional de Internet

Imaxe deputación de lugo
A programación, gratuíta e dirixida a persoas de todas as idades, inclúe actividades con dispostivos tecnolóxicos como ordenadores portátiles, tablets ou consolas wii, entre outros; nun horario de 11: 00 a 14:00 horas e de 17:00 a 19:30 horas

A Deputación de Lugo organiza o luns en San Marcos múltiples actividades tecnolóxicas, gratuítas e para persoas de todas as idades, para conmemorar o Día Internacional de Internet. Asi o avanzou o voceiro socialista, Álvaro Santos Ramos, que explicou que “adiantamos a celebración desta data un día porque o 17 de maio tamén celebramos o Día das Letras Galegas”.

Santos Ramos avanzou que “o luns, as actividades en San Marcos arrancarán ás 11 da mañá e prolongaránse ata as 14:00 horas. Pola tarde, continuarán dende as 17:00 ás 19:30 horas. Teremos dúas carpas diante do Pazo Provincial, nas que ofreceremos numerosas actividades cos dispostivos tecnolóxicos como ordenadores portátiles, tablets ou consolas wii, entre outros”.

O voceiro subliñou que durante a xornada “técnicos da Deputación, da Fundción Tic e do In Lugo axudarán e explicarán a todas as persoas os exercicios ou actividades que se poderán realizar”.

“Poderán, por exemplo, practicar xogos on line; coñecer as utilidades que ofrece Street View ou as redes sociais; poñer a proba as súas habilidades en solitario ou en competición con consola wii e co dispositivo Kinect; sacarse fotografías en numeroso escenarios grazas ao uso dun croma, e levalas como recordo da xornada nun lapis de memoria”. Santos Ramos destacou tamén que “coma sempre, estará operativa a wifi libre da Deputación, neste caso, co nome DiaInternet”.

Durante toda a xornada estará o libro de sinaturas en apoio á candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da humanidade.