Deputación de Lugo

García Porto, durante a presentación de Arquitecturas debuxadas, publicación do arquitecto Santiago Catalán

A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto participou este mércores na presentación do libro Arquitecturas debuxadas do arquitecto Santiago Catalán que tivo lugar no Salón Rexio do Círculo das Artes de Lugo. Arquitecturas debuxadas é a visión do artista das obras máis significativas do patrimonio inmobiliario de Lugo. Dende a Muralla romana ao Círculo, pasando pola Casa Consistorial e tantos outros edificios significativos que legaron a Lugo algúns dos homes que deixaron a súa pegada na arquitectura da cidade; Ferro Caaveiro, Álvarez de Mendoza, Maquieira, Vila ou Cobreros entre outros.