Deputación de Lugo

Aberto do 3 ao 7 de marzo o prazo para que 166 aspirantes do Ben Empregado 3, completen as súas solicitudes

Imaxe deputación de lugo
- O organismo provincial abriu un prazo de tres días hábiles para que 166 aspirantes aos postos de traballo do Ben Empregado 3 entreguen documentación pendente
- Os interesados deberán presentar a documentación requirida no Rexistro Xeral da Deputación ou en calquera das dependencias administrativas recollidas no artigo 38.4 da Lei 30/1992

O Goberno da Deputación vén de publicar a listaxe de requirimentos para aquelas solicitudes do Ben Empregado 3 cuxo expediente está incompleto. En total, son 166 os aspirantes que terán que presentar algún tipo de documentación, nun prazo de 3 días hábiles, do 3 ao 7 de febreiro. Os nomes dos aspirantes e os requirimentos poden consultarse na páxina web da Deputación: http://bit.ly/2mPaD8L

Unha vez rematada a revisión de requirimentos, o organismo provincial publicará en www.deputacionlugo.gal a listaxe de aspirantes excluídos e a citación das entrevistas. Agárdase que este proceso poida efectuarse na segunda quincena do mes de marzo.

193 postos nas Comarcas lucenses
O Ben Empregado 3, está dotado de 2,3 millóns de euros cos que o Goberno da Deputación asume os gastos laborais e salariais pola contratación de parados lucenses durante un ano en empresas e entidades sen ánimo de lucro de toda a provincia.

Nesta edición, ofertáronse 193 postos de traballo, que recibiron máis de 4.500 solicitudes de persoas desempregadas. A oferta por Comarcas é a seguinte: 34, na Comarca da Mariña; 40, na Terra Chá; 50, en Lugo; 16, en Sarria; 3 na Ulloa, 19 na Montaña; 28 en Lemos e Chantada; e  3 para toda a provincia.