Deputación de Lugo

A Deputación financia con 90.000 euros os traballos de restauración da ponte de Uríz en Begonte

- Santos Ramos destacou que “estamos á espera de que o Goberno galego e central concedan os permisos para a execución desta obra, que a Deputación solicitou hai preto dun mes. Polo de agora, non temos ningunha resposta” - A Xunta de Goberno aprobou iniciar o proceso de licitación das obras en accesos a San Vicente, Quintela e Pinte, no Páramo; con cargo ao Canon Hidroeléctrico do Concello e co que se salda esta débeda histórica que ascendía a 227.322 euros - A Xunta aprobou tamén un recoñecemento entre as becas MEC e as do plan O teu esforzo ten premio en Lugo, para que os estudantes lucenses poidan compatibilizar sendas bolsas de estudos

A Xunta de Goberno aprobou, por vía de emerxencia, os traballos de restauración da ponte de Uríz, no Concello de Begonte, nos que se investirán máis de 90.000 euros. Así o comunicou o voceiro socialista, Álvaro Santos Ramos, que subliñou “a importancia desta actuación vital para os veciños, xa que se trata dunha das vías de comunicación máis empregadas da zona”.

“Estamos á espera de que Conservación da Natureza, Patrimonio e Confederación Hidrográfica Miño-Sil, autoricen a execución de esta obra. O organismo provincial xa enviou a petición o mesmo día no que se procedeu á cortala pero, polo momento, non temos ningunha resposta destas institucións” sentenciou o voceiro.

As actuacións que se van a levar a cabo son: a retirada da barandilla, demolición e levantado do pavimento actual da zona afectada, así como a desmontaxe do muro de mampostería. De seguido, procederase a sellar a rachadura existente en bóveda  dun dos arcos con formigón e, posteriormente, executarase a reconstrución dos muros, na que se empregarán as pedras orixinais que foron almacenadas previamente.

Despois, depositarase o taboleiro da ponte, mediante unha lousa de formigón armado de 6 metros de anchos, á que se fará tamén un tratamento dobre superficial na lousa, para reforzar a súa seguridade. Tamén se colocará unha nova barandilla.

Liquidado o Canon do Páramo
A Xunta de Goberno aprobou iniciar o proceso de licitación das Obras de acondicionamento de accesos a San Vicente, Quintela e Pinte, con cargo ao Canon Hidroeléctrico que, neste Concello e co que se salda esta débeda histórica que ascendeu a 227.322 euros.
“Estas obras, dotadas con máis de 70.000 euros, consisten na limpeza de cunetas, e aglomerado con bituminosa, e instalación da sinalización horizontal e vertical. Con esta actuación, a Deputación liquida a débeda do Canon no Concello do Páramo”

Santos Ramos destacou que con cargo ás anualidades 2008 e 2009 do canon executáronse neste Concello obras como a compra de terreos para a mellora de accesos e pavimentación de San Andrés á Ponte; a pavimentación dos núcleos de San Andrés e San Mamede; a mellora dos accesos en San Vicente e repintado da Ponte na Estrada de San Vicente-Pinte; ou as obras de adecentamento de San Mamede a Reascos, entre outros.

O teu esforzo ten premio en Lugo
A Xunta de Goberno aprobou tamén un trámite administrativo necesario para a resolución definitiva da axudas do plan O teu esforzo ten premio en Lugo. Trátase dun recoñecemento para que os alumnos poidan compatibilizar as Becas do Ministerio de Educación e as que ofrece o organismo provincial. A partires de agora, os estudantes lucenses poderán desfrutar de ambas as dúas bolsas de estudos.

Santos Ramos lembrou que “na convocatoria deste plan co que a Deputación custea a matricula aos mellores expedientes de estudantes de Bacharelato, Formación Profesional e Grao, que decidan cursar os seus estudos no Campus Lucense; foron 28 os mellores expedientes que resultaron beneficiarios, dos que 18 son para cursar Grao, e 10 para cursar os seus estudos de máster”.

“Cómpre lembrar que nesta liña de apoio ao ámbito universitario na provincia, contemplábanse un total de 135 bolsas, que non puideron chegar finalmente ao estudantado porque Candia, tal e como fixo con todos os Plans que tiñamos en marcha, decidiu paralizando, prexudicando a preto dun cento de estudantes”, remarcou.

Máis emprego
A Xunta de Goberno resolveu tamén a contratación de dous desempregados da provincia de Lugo, a través do Ben Empregado da Deputación. Concretamente son, un avogado junior para traballar en Lugo, e un axudante de cociña para Triacastela.