Deputación de Lugo

A Deputación promociona Os Ancares Lucenses coa difusión do libro “Piornedo. Unha Comunidade de Alta Montaña”

O Presidente e o Alcalde
de Cervantes presentaron a publicación, que reflicte a vida nesta zona luguesa,
xunto aos escritores Clodio González e Xoán Ramón Marín

OPresidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto ao Alcalde de Cervantes,Benigno Gómez Tadín, e a Deputada de Cultura, Pilar García Porto, presentaroneste mércores o libro Piornedo. UnhaComunidade de Alta Montaña dos Ancares. Fixérono cos autores ClodioGonzález Pérez e Xoán Ramón Marín Martínez, nun acto que tivo lugar na EscolaUnitaria do Piornedo. O organismo provincial colabora coa difusión desta obraco obxectivo de contribuír á promoción dos Ancares Lucenses.

Campos Conde subliñou que “creo querealizando este tipo de traballos, e, por suposto, dándolles difusión, contribuímosen certa medida a que a xente descubra a Montaña Lucense e a vida dos cidadánsdesta zona. Sei de primeira man que os veciños desta zona se caracterizan,principalmente, pola súa humildade e polo seu duro traballo. Son exemplares.Vivir na Montaña, desgraciadamente, non é doado pois durante moitos anos estazona luguesa estivo desatendida, e aínda hoxe non recibe a atención necesaria exusta de todas as administracións”.

“Os Gobernos progresistas que fomoschegamos nos últimos 9 anos á Deputación puxemos en marcha todas e cantasmedidas estiveron ao noso alcance para tentar pór fin a esta situación. Osveciños da Montaña, coma os do resto da provincia, necesitan servizos públicosfundamentais para poder seguir vivindo nas súas casas. Non piden máis que ninguén,só o mesmo. O que pretendemos dende o Executivo da Deputación é facer xustizacos veciños desta zona. Facémolo traendo servizos fundamentais, como, porexemplo, o alumeado e o saneamento público no Piornedo; mellorando as estradas,ou mesmo con outras colaboracións, coma esta publicación, que contribúen a quese descubra a Montaña Lucense e a súa marabillosa xente”.

“Os Ancares é un lugar cunha belezafascinante, recoñecido a nivel internacional pola UNESCO como Reserva daBiosfera que, non só temos que conservar, senón que temos que enchelo deoportunidades. E xa as ten polos seus propios recursos, que temos queaproveitar e poñer en valor cuns claros obxectivos: que siga existindo veciñosexemplares, humildes e traballadores, cunha vida digna, como a de calqueragalego e veciño que resida nunha cidade; e que máis xente coñeza estamarabilloso lugar e a súa xente exemplar”. 

“Este libro contribúe a estes dousobxectivos. Pero, para acadar as nosas metas, temos que facer moito máis. Contade,coma sempre, co Goberno da Deputación para facer xustiza na Montaña”, remarcou.

Piornedo.Unha Comunidade de Alta Montaña dos Ancares

Noúltimo cuarto do século XX e no que vai do XXI, o mundo rural en Galicia sufriuunha transformación que cambiou todo, traducida no abandono de innumerableslugares que foron quedando deshabitados, baleiros de persoas e dos usos que,durante os séculos anteriores, albergaran e tiveran de xeito case inalterable. Nestetraballo etnográfico, faise unha viaxe a través das ferramentas, do gando, dasedificacións e dos usos correspondentes e combinados desta cultura material; dasúa viaxe a través dos séculos; da súa significación e riqueza lingüística.

Os textos de ClodioGonzález e as ilustracións de Marín Martínez achegan unha valiosa imaxe deconxunto sobre a vida desta comunidade de alta montaña. A publicación conta taméncunha gran selección de fotografías escollidas do traballo do etnógrafo alemánWalter Ebelling nos anos trinta do século XX e dos fondos do Museo Etnográfico da Casa do Sesto, entre outros, onde sepode contemplar os elementos materiais que son explicados nos capítulos dolibro.