Deputación de Lugo

O Pazo de San Marcos acolle aos artistas internacionais do #EstudioAberto5

- A Deputada de Cultura recibiu aos 14 participantes desteproxecto da rede museística provincial de Lugo na sala de exposicións dainstitución- As obras dos creadores, chegados de todo o mundo, estaránexpostas durante unha semana no Pazo de San Marcos, así como no Pazo de Tor en Monfortede Lemos- PilarGarcía Porto destacou o compromiso do organismo provincial coa creaciónartística e a artesanía contemporáneas, “ofrecendo espazos expositivos aartistas de diferentes disciplinas”

A Deputada de Cultura,Artesanía e Deseño, Pilar García Porto, recibiu este venres na sala deexposicións do Pazo de San Marcos aos 14 artistas participantes na 5ª edicióndo Estudio Aberto procedentes de todo o mundo. Na recepción dos artistas taménparticiparon as coordinadoras do proxecto, Encarna Lago e Paula Cabaleiro.

Durante unha semana cada un dosartistas compartirá as súas obras, tanto no Pazo de San Marcos como no Pazo deTor, cos visitantes que poderán preguntar aos artistas calquera dubidarelacionada coas súas obras. Con esta recepción arrancan os actos programadospara conmemorar o X Aniversario da Rede Museística Provincial de Lugo.

García Porto sinalou que “aDeputación amplía o seu compromiso coa creación artística e coa artesanía contemporáneas,ofrecendo espazos expositivos a artistas de diferentes disciplinas -pintura,escultura, debuxo, instalación, fotografía, videocreación-, ademais de artesánse deseñadores -xoiería, alfarería, moda, cerámica, madeira, forxa”.

Dado o interese que espertouna última edición as coleccións dos museos da Rede como punto de partida, nesta5ª convocatoria os creadores volverán ainspirarse nunha experiencia individual en contacto cos diferentes museos e assúas coleccións, para despois desenvolver un proxecto artístico persoal.

Conceptos como museo,espazo, historia, contexto, colección e persoas, entrarán novamente en xogoxunto as accións de crear, compartir e participar, facendo son un Son total de 8proxectos inéditos que estarán na sala de exposicións do Pazo de San Marcos eoutros 6, no Museo Pazo de Tor. Ademais, os artistas recibirán a visita deprofesionais do sector (críticos, comisarios, xornalistas, museólogos,galeristas, artistas) que darán unha pequena charla e compartirán consellos,opinións e análises acerca dos proxectos en pleno proceso de creación.

Artistas participantes

O pasado 13 de xullo reuníronseno Museo Pazo de Tor os membros do xurado da convocatoria (Eduardo Valiña,Elena Fabeiro, Lola Dopico, Luisa Pita, Antón Sobral e Asunta Rodríguez) de #EstudioAberto5e, despois das deliberacións oportunas, acordaron por maioría seleccionar aosseguintes artistas para participar da residencia:

PAZO DE SAN MARCOS:

1.-Víctor Royás

2.-David Fidalgo

3.-Luciana Rago

4.-José Antonio Vallejo

5.-Tamara Wassaf

6.-Lemuel Quiroga

7.-José Manuel Vidal

8.-Mar Ramón

MUSEO PAZO DE TOR:

1.-Christian Villamide

2.-Neves Seara

3.-Xosé Reigosa

4.-Roi Domínguez

5.-Bibi Martín

6.-Ruth Miguel Díaz

Programación

Venres 5 de agosto

16:00 horas: Presentación oficialconxunta no Pazo San Marcos das residencias artísticas, na que participarán aDeputada de Cultura,, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, ademais decoordinadoras de Estudio Aberto.

16:00 a 20:00 horas: Forosde presentación das 2 residencias #Coñece.Presentación dos traballos de cada artista na Sala de Exposicións do PazoSan Marcos. Entrada Libre para o público.

Sábado 6 de agosto

09: 00 horas: Viaxe polos museos da RedeProvincial.Os artistas seleccionadosviaxan aos museos da rede para coñecer as coleccións e os espazos que serán opunto de partida para as súas obras.

Martes 9 de agosto e mércores 10 de agosto:

19.00 horas: Charlas con... #Aprende

Os artistas e artesánsreciben a visita de profesionais do sector, que lles imparten unha charla abertaao público no Pazo San Marcos e no Museo Pazo de Tor.

Xoves 11 de agosto:

Fin da residencia e montaxeda exposición

Venres 12 de agosto:

Inauguración

13.00 horas: Sala deExposicións do Pazo San Marcos de Lugo

18.30 horas: Museo Pazo deTor.

Haberá servizo gratuíto debus ás 16:00 horas previa anotación en xerencia-redemuseos@deputacionlugo.com.Máis información nos teléfonos 982242112/699836883 e nas páxinas web www.redemuseisticalugo.org/ difusion@museolugo.org.