Deputación de Lugo

A Deputación de Lugo acolle o venres a I Xornada Laboralista en Lugo

- A xornada, que terá lugar o 15 de xullo, arranca as 9:30 horas coa inauguración a cargo do Presidente, Darío Campos Conde, e rematará ás 14:00 horas coa intervención da Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez
- Santos Ramos puxo en valor a importancia desta xornada “tanto polos contidos que se abordarán nas conferencias e mesas redondas, así como polos poñentes e relatores, todos eles expertos de recoñecido prestixio no eido do Dereito do Traballo”
- O prazo de inscrición está aberto e os interesados en participar deben formalizar a súa petición enviando un correo a graduados graduadoslugo@yahoo.es. O número de prazas é limitado

O Deputado de Innovación, Participación Cidadá, Mocidade e Deportes, Pablo Rivera Capón, presentou este venres, acompañado do Presidente do Colexio Oficial de Graduados Sociais en Lugo, Manuel Núñez Carreira, a I Xornada Laboralista en Lugo, unha iniciativa do Colexio Oficial de Graduados Sociais en Lugo coa que colabora o organismo provincial. A través desta xornada, que se celebrará o 15 de xullo no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, afondarase en aspectos lexislativos relativos á Seguridade Social, ao Tribunal Supremo  ou o Tribunal Europeo, entre outros. O prazo de inscrición está aberto e os interesados en participar deben formalizar a súa petición enviando un correo a graduados graduadoslugo@yahoo.es

O Deputado subliñou “a importancia da xornada, tanto polos contidos que se abordarán nas conferencias e mesas redondas, así como polos poñentes e relatores, todos eles expertos de recoñecido prestixio no eido do Dereito do Traballo”. Neste senso, Rivera Capón, destacou que “na sociedade que nos desenvolvemos, o mundo das relacións laborais ten unha importancia capital, desde a perspectiva de que o traballo é uns dos piares fundamentais das nosas vidas”.

Rivera Capón remarcou a importancia dasegunda Conferencia sobre Sucesión de empresas, pois afecta de cheo aos Concellos da Provincia e aos empregados das empresas que contratan coa administración local.

Pola súa banda, o Presidente do Colexio Oficial de Graduados Sociais en Lugo agradeceu a colaboración “da Deputación de Lugo e do seu Presidente, que apoiou esta iniciativa dende o primeiro momento”. Desta xeito, animou a todos os interesados “a participar nesta xornada que marcará un antes e un despois na historia da nosa provincia”.

Programación da xornada
Na sesión, que se celebrará no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, participarán reputados expertos na materia e contará co Director do diario El Progreso, Lois Caeiro. A xornada arrancará as 09:30 horas, co acto de inauguración, que será a cargo do Presidente da Deputación, Darío Campos Conde; do Presidente do Colexio Xeral de Graduados Sociais de España e da Fundación Justicia Social; do Presidente do Colexio Oficial de Graduados Sociais de Lugo, Manuel Núñez Carreira; e do Presidente da Audiencia Provincial.

Ás 10:00 horas terá lugar a primeira conferencia Subsidio por desemprego na Ley General de la Seguridad Social y en la Ley de Infracciones y Sanciones, na que participarán o Presidente da Sala IV do Tribunal Supremo, Jesús Gullón Rodríguez. De seguido, ás 11:30 horas, será o turno da charla Sucesión de empresas a la luz de la doctrina del Tribunal de Justicia de la Unión Europea y del Tribunal Supremo, na que participará a Maxistrada da Sala IV do Tribunal Supremo, Lourdes Arastey Sahún.

Posteriormente, ás 12.30 horas, será o momento da Mesa Redonda Los criterios a unificar para elaborar el Máster de Acceso a la Profesión y el examen de Estado. Nesta mesa participarán a Decana da Facultade de Ciencias Xurídicas e do traballo de Vigo, Ana María Pita Grandal; a Directora da Escola Universitaria de Relacións Laborais de Lugo, Mercedes Monte Rodríguez, e un representante da Fundación Escola Universitaria de Relacións Laborais de A Coruña, Jesús Ángel Vázquez Forno;

Ás 14:00 horas, será o acto de clausura, a cargo da Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, o Presidente do Consejo General de Graduados Sociales de España: Javier San Martín Rodríguez; o Presidente do Colexio Oficial de Graduados Sociais de Lugo; e o subdelegado do Goberno, Ramón Carballo Páez.