Deputación de Lugo

Campos Conde reivindica as potencialidades da Ribeira Sacra para ser declarada Patrimonio da Humanidade

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto ao Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, entre outras autoridades, participou este mércores na presentación de Move ficha pola Ribeira Sacra. Campos Conde reivindicou as potencialidades deste espazo natural para ser declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. O Presidente reiterou a necesidade de sumar esforzos entre todas as administracións para conseguir este distintivo internacional.