Deputación de Lugo

O Pazo de San Marcos e o Pazo de Tor acollen os traballos dos artistas internacionais do #EstudioAberto5

- A Deputada de Cultura inauguou hoxe as exposicións doproxecto Estudio Aberto que impulsa aRede Museística Provincial no verán- As 14 obras dos creadores, chegados de todo o mundo,estarán expostas durante un mes no Pazo de San Marcos e no Museo Pazo de Tor deMonforte de Lemos-García Porto destacou o compromiso do organismo provincial coa creaciónartística e a artesanía contemporáneas, “ofrecendo espazos expositivos aartistas de diferentes disciplinas”

ADeputada de Cultura, Artesanía e Deseño, Pilar García Porto, inaugurou estevenres na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos e no Museo Pazo de Tor doConcello de Monforte de Lemos, as creacións dos 14 participantes da 5ª edicióndo Estudio Aberto procedentes de todo o mundo. Durante un mes, estarán expostasas obras no Pazo de San Marcos e no Museo Pazo de Tor.

GarcíaPorto sinalou que “a Deputación amplía o seu compromiso coa creación artísticae coa artesanía contemporáneas, ofrecendo espazos expositivos a artistas dediferentes disciplinas -pintura, escultura, debuxo, instalación, fotografía,videocreación-, ademais de artesáns e deseñadores -xoiería, alfarería, moda,cerámica, madeira, forxa”.

Dadoo interese que espertou na última edición as coleccións dos museos da Rede comopunto de partida, nesta 5ª convocatoria os creadores volveron a inspirarse nunha experiencia individual encontacto cos diferentes museos e as súas coleccións, para despois desenvolverun proxecto artístico persoal.

Conceptoscomo museo, espazo, historia, contexto, colección e persoas, entraron novamenteen xogo xunto as accións de crear, compartir e participar, facendo un total de8 proxectos inéditos que estarán na sala de exposicións do Pazo de San Marcos eoutros 6, no Museo Pazo de Tor. Ademais, os artistas recibiron a visita deprofesionais do sector (críticos, comisarios, xornalistas, museólogos,galeristas, artistas) que deron unha pequena charla e compartiron consellos,opinións e análises acerca dos proxectos en pleno proceso de creación.

Artistas participantes

Opasado 13 de xullo reuníronse no Museo Pazo de Tor os membros do xurado daconvocatoria (Eduardo Valiña, Elena Fabeiro, Lola Dopico, Luisa Pita, AntónSobral e Asunta Rodríguez) de #EstudioAberto5 e, despois das deliberaciónsoportunas, acordaron por maioría seleccionar aos seguintes artistas paraparticipar da residencia:

Pazo de San Marcos

1.-Víctor Royás

2.-David Fidalgo

3.-Luciana Rago

4.-José AntonioVallejo

5.-Tamara Wassaf

6.-Lemuel Quiroga

7.-José Manuel Vidal

8.-Mar Ramón

Museo Pazo de Tor

1.-Christian Villamide

2.-Neves Seara

3.-Xosé Reigosa

4.-Roi Domínguez

5.-Bibi Martín

6.-Ruth Miguel Díaz