Deputación de Lugo

Os lucenses son dende hoxe donos de 36 pezas da colección de Álvaro Gil, que posuirán na súa totalidade no 2018

- O Presidente da Deputación e o representante da familia López Gil asinaron este mércores o acordo da adquisición de 15 pezas por valor de 583.000 euros e o depósito de 23.400 que garante a compra das 4 restantes o vindeiro ano - Campos Conde subliñou que “creo que é de xustiza que este Museo, o de todos os veciños da provincia, acolla a única colección dos fondos museográficos de Lugo que posúe, de xeito independente, o recoñecemento de Ben de Interese Cutural”

O contrato asinado este mércores cos herdeiros de Álvaro Gil tamén inclúe o aboamento de 23.364 euros polo depósito no Museo Provincial do lote 5 da colección, cuxa compra se formalizará o ano que vén. Este lote 5 componse das seguintes pezas: Torque de Burela, Onza de Fernando VI, láminas áureas de Valiña e barriña de ouro.