Deputación de Lugo

Aberto o prazo de solicitude das subvencións de concorrencia competitiva para entidades e clubs deportivos

Imaxe deputación de lugo
- Haihabilitado na web www.deputacionlugo.gal un espazo con toda ainformación sobre estas axudas; así como a documentación que deben presentarpara optar a elas- Osinteresados en concorrer a estas subvencións, dotadas con 500.000 euros,poderán facelo ata o vindeiro 7 de setembro, incluído-O Goberno da Deputación decidiu ofrecer ás entidades e clubs deportivos daprovincia que finalmente resulten beneficiados destas subvencións un anticipo do80% - Criteriossociais: teranse en conta, por vez primeira, aspectos como medidas deintegración e impulso da igualdade; recoñecemento do esforzo dos clubs; equiposmixtos, femininos ou con persoas con capacidades diferentes

A Deputación abriu o prazo de solicitude das subvenciónsde concorrencia competitiva para entidades e clubs deportivos da provincia,dotadas con 500.000 euros. Así o comunicou o Deputado de Deportes, Pablo RiveraCapón, que subliñou que “para concorrer a estas axudas, destinadas a financiar actividadesfederadas, eventos deportivos puntuais ou citas con carácter permanente; habilitamosna páxina www.deputacionlugo.gal un espazo no que se atopa toda ainformación sobre estas axudas; así como a documentación que se debe presentarpara optar a elas”. O prazo de solicitude remata o vindeiro día 7 de setembro,inclusive.

Cómpre salientar que o Goberno da Deputación decidiuofrecer ás entidades e clubs deportivos da provincia que finalmente resultenbeneficiados un anticipo da axuda do 80%.

Criterios sociais

Como novidade, incluíronse por vez primeira, criteriossociais nas bases destas subvencións, como medidas en impulso á igualdade e áintegración; ou en recoñecemento ao esforzo competitivo dos clubs. Ademais, valorarasepositivamente, aos equipos mixtos, femininos ou con persoas con capacidadesdiferentes. Tamén a aqueles que sexan de localidades pequenas, de Concellos demenos de 2.000 habitantes, especialmente do rural.

Puntuarán tamén os resultados ou ascensos deportivos.Outra das novidades desta programación é que aumentamos o importe mínimo dasubvención aos 700 euros, pois antes eran 300. O máximo por axuda é de 4.000euros.