Deputación de Lugo

A Heroica Gran Premio Deputación de Lugo reunirá na Ribeira Sacra a uns 250 nadadores de toda España

- A 1ª edición desta proba ten como obxectivo promover oturismo e a riqueza da Ribeira Sacra a través do deporte, con catro probas denado entre Chancís e Doade- Eduardo Vidal destacou o atractivo dun evento que“nace para perdurar no tempo e converterse nunha referencia a nivel internacional,contando coa presenza de destacados deportistas como a olímpica Beatriz GómezCortés”- AHeroica celebrarase o sábado, a partir das 16.00 horas, e os trofeos para osgañadores serán realizados pola olería de Gundivós

O Deputado de Turismo,Eduardo Vidal Baamonde, presentou este mércores no embarcadoiro de Doade aprimeira edición de A Heroica Gran Premio Deputación de Lugo – Regina Viarum. Celebraraseo sábado nun entorno único, como é a Ribeira Sacra. Reunirá a preto de 250nadadores de todas as idades e chegados de diferentes puntos da xeografíaespañola, que competirán nas catro probas de nado entre Chancís e Doade. Oorganismo provincial colabora con esta proba cunha achega económica de 10.000euros.

No acto tamén participaron oAlcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca; o Alcalde de Sober e presidente do consorcio turístico Ribeira Sacra, Luis Fernández; aAlcaldesa de Parada de Sil, YolandaJácome; o Alcalde de A Teixeira, Miguel Rodríguez; a Alcaldesa de CastroCaldelas, Sara Inés; o Xefe do Servizo provincial de Deportes de Lugo da Xuntade Galicia, Manuel Otero ‘Cadramón’, e outras autoridades. 

Vidal Baamonde explicou que“a maxestosidade do enclave no que se vai a levar a cabo a proba é todo unincentivo para os nadadores que se acheguen a competir o sábado. O feito de quehaxa numerosos inscritos non só de Galicia, senón tamén do resto de Españapermitirá que se convertan en voceiros do patrimonio que a provincia de Lugoatesoura na Ribeira Sacra e potenciar, deste xeito, o turismo na zona”.

O Deputado de Turismo sinalouque “a proba nace para perdurar no tempo e converterse nunha referenciadeportiva a nivel internacional, neste senso, xa está confirmada a presenza dedestacados nadadores como a olímpica Beatriz Gómez Cortés, o que dá boa contado interese que está a espertar esta primeira edición”.

Competicións

Durante a xornada do sábadodisputaranse en total catro probas, finalizando todas elas no embarcadoiro deDoade. Os primeiros nadadores en competir, a partir das 16.00 horas, serán os inscritosna competición reina, o Gran Premio Deputación de Lugo, que deberán completarun percorrido de 10.000 metros. Para iso, subiranse a un catamarán que os levaráata a contorna de Chancís e, dende alí, botaranse a nadar ata chegar aoembarcadoiro de Doade.

Tras a disputa desta proba,a máis esixente da xornada, celebraranse as competicións de 5.000 metros, 2.500metros e unha popular de 600 metros, pensada para todos aqueles afeccionados ánatación que desexen ser partícipes dunha xornada deportiva en medio dunambiente único. Ademais, a organizacióndo evento confirmou a posta en marcha dunha liña especial de microbuses quepartirán dende a praza do pobo de Doade cada trinta minutos, con destino aoembarcadoiro, totalmente de balde.

No evento tamén colabora abodega Regina Viarium, unha das máis importantes da zona e a olería deGunvidós, encargada de elaborar os trofeos que se entregarán aos gañadores, ás21.00 horas aproximadamente, logo de que rematen todas as probas.

Visita guiada

Mentres que a travesía anado será o foco de atención na xornada vespertina, durante a mañá terá lugarunha visita guiada na que poderán participar tanto os deportistas que compitan naHeroica como os seus acompañantes, en horario de 10.00 a 13.00 horas. Estavisita partirá dende a praza do pobo de Doade, con traslado en bus. As prazas están limitadas para 50 persoas e aactividade será totalmente gratuíta, contando coa seguinte programación:

- 10:00 h: Saída de Doade.

- 10:30 h: Visita a Gundivós (1 hora aproximadamente) para ver como se traballa aartesanía do barro autóctono e presenciar como se fixeron os trofeos do evento.

- 12:00 h: Visita bodega Regina Viarium (45 min aproximadamente) onde se presenciaráentre outras cousas como se procede á recolección heroica da uva.

- 13:00 h: Chegada ao pobo de novo.

As inscricións poderanse realizar a través da páxinaweb https://championchipnorte.com.