Deputación de Lugo

Alumnos do CEIP Anexa de Lugo coñecen a Deputación

O Vicepresidente da Deputación, Álvaro Santos Ramos, mantivo este mércores un encontro con alumnos de 5º de Primaria do CEIP Anexa de Lugo, a través do que o Goberno da Deputación achega entre os máis pequenos a labor da institución provincial. Os estudantes fixeron un percorrido polas instalacións provinciais, no que visitaron o salón de Plenos, o Salón de Actos, a sala de Exposicións, os xardíns, e a Sala de Xuntas.