Deputación de Lugo

Novo encontro do CB Breogán con alumnos do Colexio da Asunción de Sarria, promovido pola Deputación

Os xogadores do CB Breogán Iván Cruz e Josep Franch, acompañados pola Alcaldesa de Sarria, Pilar López Yáñez, mantiveron este martes un encontro cos alumnos do CPR Plurilingüe Nosa Señora da Asunción Sarria. Trátase dunha nova acción formativa, promovida pola Deputación, dentro do contrato de patrocinio que ambas entidades asinaron para a promoción da provincia e o impulso da integración social, igualdade, solidariedade, compañeirismo ou superación a través do baloncesto.