Deputación de Lugo

Os veciños de Paradela reciben 320.000 euros da Deputación para mellorar servizos públicos e xerar emprego

-O Presidente, xunto aos Deputados de Medio Ambiente e Xestión Territorial,presentou este investimento nunha visita institucional coa compaña do Alcalde-Máis de 100.000 euros serviron para arranxar o único tanatorio municipal;60.000 para renovar o camión do lixo; 5.700 para un novo parque infantil nocolexio; case 51.000 para mellorar vías no rural; 21.500 para aforro enerxéticoe 4.300 para Tics-Paradela ofrecerá novos postos de traballo con 44.251 euros do DEPUEMPREGO ereforzará o Servizo a Domicilio con outros 23.062 euros

O Presidente da Deputación,Darío Campos Conde, presentou este martes en Paradela o investimento de 320.000euros, que reciben os case 2.000 veciños deste municipio para mellorar as prestaciónspúblicas e xerar novos postos de traballo.

Fíxoo nunha visitainstitucional, na que tamén participaron os Deputados de Medio Ambiente eXestión Territorial, Sonsoles López Izquierdo e Argelio Fernández Queipo,respectivamente. A visita arrancou cunha recepción no Consistorio por parte doAlcalde, Jose Manuel Mato, e outros membros da Corporación Municipal, na que CamposConde asinou no Libro de Ouro do Concello.

Os 320.000 euros que aDeputación inxecta en Paradela distribúense do seguinte xeito:

Prestacións públicas

- 60.000 euros para a adquisicióndun camión do lixo. O Presidente xa supervisou hoxe o novo vehículo querecibe o Concello en substitución do existente, que tiña moitos anos, paramellorar a recollida municipal de residuos.

- 106.436 euros para oacondicionamento do único tanatorio municipal. Con este investimento, o Concellopuido executar as obras de mellora desta infraestrutura local, que demandabanos veciños.

- 5.743 euros para unnovo parque infantil no Colexio publico. Os máis cativos xa gozan destasnovas instalacións.

- 50.867 euros co POS.Con este orzamento, a Deputación financia o acondicionamento e rexeneración decamiños en Laxe, Moutra, Vilachá, Tremeado, Bariz, Liz e Paredes de Arriba. OConcello tamén achega 12.716 euros. A contía da Deputación supón o triplo queno 2015 por decisión do Presidente, que busca a máxima cooperación cosmunicipios para mellorar as prestacións aos veciños do rural.

- 21.455 euros para dotaciónsque aforren custos enerxéticos. É a cantidade que lle corresponde aParadela para melloras na rede de alumeado público, instalacións de caldeiras eestufas de biomasa, novas redes de calor ou illamentos térmicos. Estasactuacións enmárcanse no Plan de Aforro Enerxético da Deputación nos Concellos.

- 4.291 euros para Tics.Os Concellos teñen que realizar melloras nas súas sedes electrónicas antes do 1de outubro debido á entrada en vigor da Lei do Procedemento AdministrativoComún das Administracións Públicas. Esta normativa establece cambios nasferramentas tecnolóxicas para axilizar, modernizar, simplificar e garantir aoscidadáns a realización de todos os seus trámites coas mesmas de xeitotelemático.

Servizos sociais e emprego

- 23.062 euros para oServizo a Domicilio. Paradela recibe esta subvención en base ao seu índicede envellecemento, superficie, densidade de poboación e unidades de poboación.Por primeira vez, esta prestación suporá custo cero para os Concellos, xa que oGoberno da Deputación decidiu asumir todos os custos. Tamén de xeito pioneiro,o organismo provincial ofrece aos municipios un adianto do 90% e a posibilidadede poder financiarlles, ademais dos gastos de persoal, os gastos defuncionamento, axustándose ás necesidades dos usuarios de cada unha dasdistintas entidades locais co obxectivo de mellorar a calidade deste servizopúblico.

- 44.251 euros para xerar emprego directo. É acantidade que lle corresponde a Paradela do DEPUEMPREGO, oPlan de Emprego da Deputación nos Concellos de menos de 20.000 habitantes. Estaprogramación é unha aposta persoal do Presidente pola xeración de traballo e amáxima cooperación cos Concellos, pois os municipios poden contratar novopersoal co que reforzar as prestacións públicas aos veciños.