Deputación de Lugo

Mañá abre a solicitude das axudas de 400.000 euros da Deputación para asociacións culturais lucenses

- O venres haberá un banner en www.deputacionlugo.gal con toda a información e documentación para as
asociacións que queiran optar a elas. Se poderán facer ata o 13 de setembro,
inclusive-  Son axudas de
entre 300 ata 8.000 euros para programacións de música, baile, teatro..., de
carácter anual ou puntual- Primaranse as actividades para persoas con
capacidades diferentes, mulleres ou cativos entre outros. Os beneficiarios
poderán solicitar o anticipo do 80% da axuda

Baremossociais

Como novidade,incluíronse por primeira vez criterios socias nas bases destas subvencións. Puntuarasefavorablemente os proxectos para actividades dirixidas á terceira idade, ápersoas con capacidades diferentes, á mulleres, cativos e á mocidade. Ademais,terase en conta a dispersión territorial e poboacional para primar aquelasprogramacións que se leven a cabo en pequenas localidades, especialmente norural. Tamén se valorará o impacto e repercusión da actividade cultural entre asociedade ou o fomento da cooperación e traballo entre as distintas asociaciónsculturais.