Deputación de Lugo

O Goberno da Deputación promove a XXI Feira do Libro de Viveiro

-ADeputada de Cultura, Pilar García Porto inaugurou esta nova edición,  tras escoitar os pregóns, o infantil a cargo deAndrea Dovale e da escritora Vanesa Santiago-ADeputación ten instalado un stand con publicacións editadas polo organismoprovincial, e a Fundación TIC, gravará a feira para promover e difundir oevento por toda a provincia- Oorganismo provincial realiza unha achega de 3.000 euros para a celebración dasFeiras do Libro por toda a provincia, en colaboración coa Federación deLibreiros de Galicia, co obxectivo de apoiar e impulsar o sector editorial naprovincia

A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, e a Alcaldesade Viveiro, María Loureiro García, acompañadas doutras autoridades, inaugurarona XXI Feira do Libro de Viveiro, situadas nos Xardíns de Noriega Varela.Esta edición estará aberta dende este sábado ata o mércores día 16 de agosto.

O Goberno da Deputación realiza unha achega de 3.000euros para a celebración da Feira do Libro de Viveiro, así como das que secelebran na provincia, en colaboración coa Federación de Libreiros de Galicia,co obxectivo de apoiar e impulsar o sector editorial na provincia de Lugo.

GarcíaPorto remarcou que “con esta Feira, achegamos a literatura á cidadanía,contribuímos ao impulso do noso idioma, como principal elemento da identidadegalega, e fomentamos o hábito lector entre pequenos e maiores. Ademais avanzouque a Deputación tamén instalará un stand con publicacións editadas poloorganismo provincial, e a Fundación TIC, gravará a feira para promover edifundir o evento por toda a provincia.

Horario

O horario será de 12:00 a 14:00 horas e de 18:00 a22:00 horas. Os fines de semana e festivos o peche será ás 14:30 horas,exceptuando o primeiro día, que abrirá tamén en horario de tarde. Tamén haberá un sorteode 200 exemplares entre todas as persoas que participen no concurso “Elixe aosteus favoritos”, votando o seu libro, escritor e librería preferidos. Aslibrerías participantes son: Libraría Pedreira, Arigató Cartabón, Nobel Burela,Aenea, Cortizas, Gato Neghro, Porta da Vila e Seminario de Estudos Terras deViveiro.