Deputación de Lugo

A Deputación dá a coñecer o Centro de Recría ós 2.600 asistentes do 8º Congreso de UUAA

Imaxe deputación de lugo
Gómez Besteiro participa no encontro que se celebra en Santiago, e que contará coa presenza doutras autoridades como os Ministros de Fomento e Medio Ambiente, o Secretario Xeral do PSOE ou o Presidente da Xunta

O organismo provincial repartirá 2.000 dípticos sobre a infraestrutura que construirá este ano en Castro de Rei, ademais doutro material informativo O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e a Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, participaron este venres no 8º Congreso Nacional Galego organizado por Unións Agrarias, que se celebra dende hoxe ata mañá en Santiago de Compostela. Ademais de coa asistencia dos responsables provinciais, a Deputación tamén estará presente durante toda a celebración do encontro cun “stand” promocional no que se repartirán 2.000 dípticos sobre o Centro de Recría de gando frisón e de Raza Rubia Galega que a Deputación construirá este ano na Granxa Gayoso-Castro. O material informativo explica o funcionamento da infraestrutura na que o organismo provincial inviste 10 millóns de euros e que, ademais, é o primeiro Centro de recría público de España. Asimesmo, tamén se especifican os principais servizos dos que está dotado e cos que a Deputación aforrará cartos ós gandeiros. O “stand”, que se sitúa nun espazo que a organización do evento habilitou para empresas e organismos vinculados coa actividade agrogandeira, tamén ofrece información sobre a nave de recría de Raza Rubia Galega que o oganismo provincial porá en marcha en Castro de Rei coa colaboración de ACRUGA. No encontro elixirase ós novos órganos de dirección e darase conta do plan de actución para os próximos catro anos. En total, participarán máis de 2.500 persoas, das que 300 son invitados institucionais como os responsables provinciais, os Ministros de Fomento e Medio Ambiente, o Secretario Xeral e Presidente do Grupo Parlamentario do PSOE de Galicia, o Delegado do Goberno en Galicia, o Presidente da Xunta, Alcaldes e representantes de 38 cooperativas agrarias. O sindicato Unións Agrarias conta con 37 sedes en toda a Comunidade e 14.000 afiliados, o que supón un incremento de 22,5% con repecto a hai catro anos. En Lugo está rexistrado o 44,5%.