Deputación de Lugo

Gómez Besteiro destaca a importancia dos produtos autóctonos no desenvolvemento sostible da provincia

Imaxe deputación de lugo
O Presidente da Deputación foi o pregoeriro da VII Feira da Cereixa e do Aceite de Ribas do Sil para a reivindicou o distintivo de Festa de Interese Turístico

A carón do Sil afirmou que “a mellor mina de ouro que temos na actualidade é o noso extraordinario medio ambiente” O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, foi o pregoeiro este domingo da VII Feira da Cereixa e do Aceite de Ribas do Sil, na que participaron 7 produtores da zona. Gómez Besteiro destacou as cualidades destes dous productos autóctonos que se siguen obtendo de xeito artesanal. “Desde a Deputación apoiamos iniciativas como esta porque potencian a nosa economía, crean postos de traballo e contribúen a asentar poboacion na zona rural. O cultivo das cerdeiras e das oliveiras, así como outros produtos como o viño, o mel ou a castaña sosteñen a economía de moitas familias, e poden – e deben- ter cada vez un maior peso nas súas rendas”. “En pleno século XXI é necesario sumar tradición e modernidade, que van da man a través dunha promoción axeitada dos nosos produtos. Temos o fundamental, que é a calidade, e agora o que necesitamos é sentirnos orgullosos do noso e que se coñeza fóra da comarca e fóra da provincia”, dixo o máximo responsable provincial. Neste senso, apuntou que una das apostas da Deputación é precisamente promocionar os produtos autótonos, contribuíndo a manter moitos postos de traballo, ben a través das axudas ós autónomos na produción destes alimentos, ou da campaña “Lugo Sabe”, incluída nun programa europeo medioambiental que bautizamos co nome de Lug02”. Capital galega da cereixa e o aceite Gómez Besteiro afirmou que “hoxe Ribas do Sil é a capital galega da cereixa e do aceite, e un orgullo para todos os habitantes desta provincia. Feira e festa camiñan da man xa que, ademais de vender e mercar centos de quilos de cereixa e litros de aceite, festexamos dous dos produtos autóctonos de calidade que ademais aínda son elaborados de forma artesanal. E iso ten moito mérito”. “Cando un entra en Ribas do Sil, vánselle ós ollos ás ducias de cerdeiras que se reparten por todo o Concello. Afortunados sodes porque, quen máis e quen menos, ten algunha destas árbores na súa horta, o que lle dá un corido ben fermoso á esta paisaxe, especialmente coa floracion na primavera. Pero, onde mellor e máis pronto se dan as cereixas é nas aldeas de Figueiredo, Peites e Casares, de onde son os 7 produtores que hoxe poñen á venda os seus froitos, cunha calidade envexable, axudada este ano polo tempo”. Gómez Beteiro tamén destacou as propiedades curativas do aceite que se produce nesta bisbarra de xeito tradicional nas almazaras que se conservan na zona. “Desde hai séculos, as propiedades deste aceite déronlle fama como ungüento. Aquí chegaban xentes de lugares ben lonxanos para adquirilo e, aínda hoxe, algúns veciños de máis idade botan man deste aceite para curar feridas. Precisamente, grazas ás súas cualidades conservouse esta tradición durante todos estes anos, e hoxe podemos presumir dun aceite único”. O Presidente da Deputación felicitou ós veciños de Ribas do Sil por manter viva esta tradición ó longo dos séculos e animounos “a que sigades neste camiño para que a feira, e desde aquí o reivindico e préstovos toda a colaboración que necesitedes, consiga o distintivo de Festa de Interese Turístico”. A mina de ouro: o medio ambiente O Presidente tamén destacou o lugar no que ubica a Feira, “porque temos o privilexio de que se celebre ó carón do Sil, o río lexendario das areas de ouro”. Lembrou o traballo que neses mesmo lugar realizaban as aureanas, “aquelas mulleres que cribaban as areas do río na busca de ouro. Non é difícil imaxinalas, remexendo na busca do preciado metal. Por iso, hoxe quero destacar o importante papel do traballo das mulleres do rural de Lugo, que non sempre foi suficientemente recoñecido a pesar de ser as auténticas heroínas da historia”. Gómez Besteiro asegurou que “a mellor mina de ouro que temos hoxe na nosa provincia é o noso extraordinario medio ambiente, que debemos potenciar dun xeito sostible, é dicir, con sentidito”. E puxo coma exemplo o programa Km0, creado pola Deputación para que os lucenses coñezan a provincia.