Deputación de Lugo

Rematadas as obras da estrada provincial de Parga comprometidas por Gómez Besteiro

Imaxe deputación de lugo
A Alcaldesa de Guitiriz amosa a súa satisfacción por esta obra da Deputación “que atende unha vella demanda dos veciños da zona”

O organismo provincial investiu 450.000 euros neste proxecto que incluíu a mellora desta vía no casco urbano de Parga A Deputación rematou este venres as obras de ampliación e mellora dun treito de cinco quilómetros da estrada CP 2101 que vai de Friol a Parga, en concreto desde o punto quilométrico 14,000 ó 18,940, dentro do termo municipal de Guitiriz. Cúmprese así o compromiso asumido polo Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, de incluír esta obra no Plan complemetario do POS 2008 e de darlle a máxima urxencia, atendendo unha vella demanda dos veciños que lle trasladou a Alcaldesa, Ragina Polín. O proxecto incluíu a mellora desta estrada na parte urbana de Parga, o segundo núcleo de poboación máis importante do Concello guitiricense. Os traballos, nos que se investiron 450.000 euros, incluíron a aplicación de aglomerado en quente, o que permitirá unha maior durabilidade e un aforro, xa que non serán necesarias obras de mantemento durante varios anos. Neste treito, o ancho da calzada ampliouse nun metro, co que pasa a ser de 5,5 metros. Para esta ampliación aproveitáronse os arcéns da vía, polo que non fixo falla expropiar ningún terreo. O proxecto tamén incluíu a sinalización vertical e horizontal co obxectivo de garantir a seguridade dos viandantes. Como complemento ó proxecto inicial, e atendendo a solicitude de Regina Polín, tamén se soterrou o colector de saneamento que ía adosado á parte esquerda da ponte. Ademais, a semana que vén quedará rematada a beirarrúa que se está a contruír no termo urbano de Parga. A Alcaldesa de Guitiriz, Regina Polín, amosou a súa súa satisfacción e deu as grazas á Deputación por facer este importante investimento no Concello. Afirmou que “os veciños están encantados porque a obra lle quedou moi ben. Entra na política da Deputación, a día de hoxe, que consiste en empregar o aglomerado en quente, polo que queda pensada para moitos anos. Ademais tívose en conta que as entradas dos veciños quedaran en boas condicións”. A rexedora gutiricese sinalou que “cambia a fisonomía da ponte, así como a beirarrúa, que queda en granito. Ademais a xente que vaia camiñando pode pasar ó outro lado do río”. - A Alcaldesa de Guitiriz amosa a súa satisfacción por esta obra da Deputación “que atende unha vella demanda dos veciños da zona”. - O organismo provincial investiu 450.000 euros neste proxecto que incluíu a mellora desta vía no casco urbano de Parga A Deputación rematou este venres as obras de ampliación e mellora dun treito de cinco quilómetros da estrada CP 2101 que vai de Friol a Parga, en concreto desde o punto quilométrico 14,000 ó 18,940, dentro do termo municipal de Guitiriz. Cúmprese así o compromiso asumido polo Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, de incluír esta obra no Plan complemetario do POS 2008 e de darlle a máxima urxencia, atendendo unha vella demanda dos veciños que lle trasladou a Alcaldesa, Ragina Polín. O proxecto incluíu a mellora desta estrada na parte urbana de Parga, o segundo núcleo de poboación máis importante do Concello guitiricense. Os traballos, nos que se investiron 450.000 euros, incluíron a aplicación de aglomerado en quente, o que permitirá unha maior durabilidade e un aforro, xa que non serán necesarias obras de mantemento durante varios anos. Neste treito, o ancho da calzada ampliouse nun metro, co que pasa a ser de 5,5 metros. Para esta ampliación aproveitáronse os arcéns da vía, polo que non fixo falla expropiar ningún terreo. O proxecto tamén incluíu a sinalización vertical e horizontal co obxectivo de garantir a seguridade dos viandantes. Como complemento ó proxecto inicial, e atendendo a solicitude de Regina Polín, tamén se soterrou o colector de saneamento que ía adosado á parte esquerda da ponte. Ademais, a semana que vén quedará rematada a beirarrúa que se está a contruír no termo urbano de Parga. A Alcaldesa de Guitiriz, Regina Polín, amosou a súa súa satisfacción e deu as grazas á Deputación por facer este importante investimento no Concello. Afirmou que “os veciños están encantados porque a obra lle quedou moi ben. Entra na política da Deputación, a día de hoxe, que consiste en empregar o aglomerado en quente, polo que queda pensada para moitos anos. Ademais tívose en conta que as entradas dos veciños quedaran en boas condicións”. A rexedora gutiricese sinalou que “cambia a fisonomía da ponte, así como a beirarrúa, que queda en granito. Ademais a xente que vaia camiñando pode pasar ó outro lado do río”.